XORNAL ESCOLAR

Educación recoñece o esforzo e superación de alumnos da ESO

20190107194843895
photo_camera Cada premio educativo ten como obxectivo que os galardoados sexan un exemplo para os compañeiros.

Concede premios que valoran a capacidade de superación de dificultades de alumnos do ciclo de Educación Secundaria, tanto de tipo persoal, educativa ou de contorno familiar e sociocultural.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicóu  no Diario Oficial de Galicia a resolución de concesión dos premios de Educación Secundaria Obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2017/18, cos que se recoñece o traballo de 20 alumnas e alumnos. 
Todos eles cursaron 4º de ESO durante o pasado ano académico e conseguiron superar as súas dificultades de tipo persoal, educativas ou do contorno familiar ou sociocultural, no marco dun ensino comprensivo e integrado.
Os galardoados
Os centros con alumnos galardoados, o nome do alumnado, polas especiais características destes premios, non se fai público) foron, na provincia da Coruña, o IES Miraflores (Oleiros), o IES Plurilingüe Rafael Dieste (A Coruña), o CPR Plurilingüe Cristo Rey (A Coruña), o CPI da Picota (Mazaricos), o IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela) e o IES Isaac Díaz Pardo (Sada). Na provincia de Lugo o premiado cursa estudos no IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes (Lugo). Na provincia de Ourense os premiados cursan estudos no IES Cosme López Rodríguez (A Rúa) e no IES Xesús Taboada Chivite (Verín). 
Pontevedra
No caso da provincia de Pontevedra, contan con estudantes premiados o CPR El Pilar (Vigo), o IES Primeiro de Marzo (Baiona), o CPR Plurilingüe María Auxiliadora (Vigo), o IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda), o IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra), o IES Illa de Tambo (Marín), o IES A Xunqueira I (Pontevedra), o IES de Teis (Vigo), o IES Pedro Floriani (Redondela), e o IES Valadares, con dous premiados (Vigo).
Ejemplos a seguir
Cada premio educativo esta dotado con 750 euros, aínda que o seu obxectivo real é que os galardoados sexan un exemplo para compañeiros e compañeiras en situacións similares, poñendo en valor o especial esforzo que supón para cada neno e nena acadar o éxito na escola coma estudantes que proceden de contornos socioculturais desfavorecidos, de contornos familiares disfuncionais, en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con diferentes discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar no día a día do curso educativo, a súa relación persoal cos seus compañerios e a súa inserción social.

Te puede interesar