Xornal Escolar

O Colexio Mendiño ten un compromiso coa participación no ensino-aprendizaxe

Xornal Escolar

xornal escolar

O Colexio Mendiño ten un compromiso coa participación no ensino-aprendizaxe

Visita a Cofradía do Porto.
photo_cameraVisita a Cofradía do Porto.
O Colexio Mendiño conta cun ensino moi práctico, comprensivo, accesible e integrador que permita o desenvolvemento persoal e profesional do alumnado, a través dun seguimento individualizado do proceso coas nosas alumnas/os e as súas familias. Un compromiso coa participación no proceso de ensino-aprendizaxe, fomentando o traballo colaborativo, potenciando e desenvolvendo as capacidades básicas, e facilitando a auto aprendizaxe en todos os ámbitos. Apuestan pola realización de actividades formativas culturais, integradoras, de lecer e tempo libre, que permitan potenciar valores de respecto cara ao medio ambiente e convivencia cos demais membros da comunidade educativa.
Principios educativos
O Colexio Mendiño traballa pola participación, tolerancia, respecto e o uso do galego como ferramenta vehicular. O seu obxectivo é formar ao alumnado para que sexan profesionais preparados, con proxección de futuro, competentes e con capacidade de adaptación, pero tamén lles axudan no seu desenvolvemento como persoas. 
Na adaptación ao cambio e tecnoloxía aplicada á vida creen que é imprescindible ofertar unha formación o máis actualizada posible, que reflicta os cambios que o mundo laboral experimenta e que tome como base as novas tecnoloxías, mantendo sempre un trato individualizado coas nosas alumnas/os e as súas familias.
Manteñen unha estreita colaboración coas empresas nas que o alumnado realiza as prácticas, xa que permite que aprendan nunha contorna laboral real e facilítanos o contacto continuo e directo co sector produtivo. Son as empresas as que avalan o traballo do Colexio Mendiño como centro de formación.
O centro de formación profesional imparte os seguintes estudos.
-CM Coidados Auxiliares de Enfermaría no que se ontén o título de Técnica/o en Coidados Auxiliares de Enfermaría. Un ciclo que proporcionar coidados auxiliares ao paciente/cliente e actuar sobre as condicións sanitarias do seu contorno como membro dun equipo de enfermaría nos centros sanitarios de atención especializada e de atención primaria, baixo a dependencia do diplomado de Enfermaría ou, no seu caso, como membro dun equipo de saúde na asistencia sanitaria derivada da práctica do exercicio liberal, baixo a supervisión correspondente. Os alumnos teñen posibilidade de traballar  en rganización e xestión da unidade ou consulta, prestación de servizo e educación sanitaria, desempeñando as tareas de  Auxiliar de enfermaría/clínica, de balnearios, de atención primaria e coidados de enfermaría a domicilio; Auxiliar bucodental, xeriátrico, pediátrico, de esterilización, de unidades especiais e de saúde mental.
-CM Actividades Comerciais coa titulación de Técnica/o en Actividades Comerciais co que pode desenvolver actividades de distribución e comercialización de bens e/ou servizos, xestionar un pequeno establecemento comercial aplicando as normas de calidade e seguridade establecidas e respectando a lexislación. Os alumnos podrán traballar en calquera sector produtivo dentro da área de comercialización ou nas seccións de establecementos comerciais, realizando actividades de venda de produtos e/ou servizos a través de diversas canles de comercialización, ou ben realizando funcións de organización e xestión do seu propio comercio. Trátase de traballadoras e traballadores por conta propia que xestionan un pequeno comercio ou unha tenda tradicional, ou por conta allea que exercen a súa actividade nos departamentos ou nas seccións de comercialización de calquera empresa ou organización, en diversos subsectores: en establecementos comerciais pequenos, medianos ou grandes, traballando por conta allea en diferentes seccións comerciais; na comercialización de produtos e servizos por conta propia e allea, fóra do establecemento comercial; no departamento comercial de pequenas e medianas empresas (PME) e empresas industriais; no departamento de atención á clientela e ás persoas consumidoras e usuarias de organismos públicos; en empresas industriais e comerciais grandes e medianas; no sector do comercio polo miúdo. Desempeñarán a ocupación de Vendedor; vendedor técnico/a; representante comercial; orientador comercial; promotor ; televendedor; vendedor  a distancia; teleoperador (en call centers); axente de información e atención á clientela; caixeira/o ou repoñedor; operador de contact centers; administrador  de contidos en liña; comerciante de tenda; xerente de pequeno comercio; técnica/o de xestión de existencias e almacén; xefa de almacén; responsable de recepción de mercadorías; responsable de expedición de mercadorías; técnica en loxística de almacéns e técnica/o de información e atención á clientela en empresas.
-CM Xestión Administrativa que obteñe el título de Técnica/o en Xestión Administrativa coa que os alumnos poden realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental. Poderán traballar en empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.
-CB Servizos Administrativos coa titulación de Profesional básico en Servizos Administrativos. Os alumnos poden realizar con esta titulación, tarefas administrativas e de xestión básicas, con autonomía, responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas ambientais, de seguridade e hixiene no traballo, e comunicándose de xeito oral e escrito en galego  e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. Para traballar en centros, oficinas, despachos e departamentos administrativos ou comerciais, en todos os sectores produtivos, desempeñando tareas de auxiliar de oficina; auxiliar de servizos xerais; auxiliar de arquivo; ordenanz;   auxiliar de información; telefonista en servizos centrais de información; clasificador ou repartidor.
ç/ora de correspondencia; gravador/ora-verificador/ora de datos; auxiliar de dixitalización; operador/ora documental; auxiliar de venda; auxiliar de dependente de comercio e operador/ora de cobramento ou caixeiro/a.