vigo

O xoguete, unha ferramenta para lograr un mundo igualitario

Carmela Silva presentou a campaña por xoguetes igualitarios en Nadal.
photo_camera Carmela Silva presentou a campaña por xoguetes igualitarios en Nadal.
 “O que aprendemos na nenez marca a posición que imos ter ante a vida” , afirmou Carmela Silva na presentación da campaña para favorecer os agasallos igualitarios neste Nadal.  Asegurou que a iniciativa busca promover “que as nenas e os nenos xoguen con todo, e xoguen tamén a coidar porque os coidados, que sempre estiveron en mans das mulleres, son este ano de pandemia o centro de todo”. A campaña está deseñada pola ilustradora Luz  Beloso mentres a escritora Isabel Blanco é a autora do concepto e dos textos. 
Repartiranse carteis por comercios e concellos cunha imaxe que amosa a unha nena lendo, outra cun xogo de construción e a un neno que lle da de comer a un osiño de peluche. Está centrada na idea de que as tarefas sexan compartidas de xeito igualitario.
Amais Regalamúsica realizou un vídeo coa mesma mensaxe que se proxectará nos autobuses de Vitrasa.  “Desde o nacemento comezamos a dicirlle ás  nenas que elas son as que van coidar ao regalarlles xoguetes e xogos dedicados ao coidado: cociñas, vasoiras, fregonas, ou traxes de enfermeiras, reflectiu Carmela Silva, mentres que a eles lles agasallamos con bicicletas, motos, superheroes ou xogos de construción; queremos rachar con iso”. 
Neste senso, a presidenta da Deputación, Carmela Silva lembrou que nesta pandemia “fomos as mulleres as que seguimos teletraballando, pero tamén no 75% coidando a nenos e a nenas, a maiores, e a persoas dependentes”.n

Te puede interesar