Atlántico

VIGO

“Vou promover o consumo das nosas linguas en Manhattan”

Marcos de la Fuente, director do festival Kerouac, estréase este domingo como director de ‘Open Mic’ no Bowery Poetry Club

Marcos de la Fuente, con Bob Holman, recitando en el Bowery Poetry Club.
Marcos de la Fuente, con Bob Holman, recitando en el Bowery Poetry Club.
“Vou promover o consumo das nosas linguas en Manhattan”

nnn “Afróntoo con ilusión e con nervos, é unha responsabilidade para min; vou ser o primeiro director de series non americano dentro dunha institución lexendaria coma o Bowery Poetry”. Así, Marcos de la Fuente confesaba a Atlántico como se sentía antes de comezar un novo reto no mundo da poesía.
Cada segundo domingo de mes porase ao fronte do primeiro micro aberto (Open Mic) de poesía nas cinco linguas peninsulares que de xeito regular se celebrará en Manhattan. O programa levará o nome “Se buscan poetas”. Xa sucede coa poesíe en español en Bronx, en Queens e en Brooklyn, e agora grazas á colaboración entre o festival vigués Keouac e o Bowery Poetry chega á  Gran Mazá. Os recitais complementaranse con proxeccións en inglés para que poidan ser seguidas polos non falantes. “A poesía oral ten moitísima tradición na cidade; aquí comenzou nos anos 50 cos recitais da Beat Generation e agora en Nova York hai micros abertos todolos días da semana, se non é en Harlem, é no Bronx, no Lower East Side ou en Brooklyn; a maioría deles son diferentes entre si: hainos de slam, de hip hop, de spoken word ou poesía leída”, apunta De la Fuente.
O obxectivo é “ofrecer un espazo aberto e seguro para tódolos colectivos de poesía en español de Manhattan, promovendo o consumo das nosas linguas, dinamizando a escena poética dende o encontro e o intercambio, e xuntando a comunidade poética de Nova York”. É consciente de que non vai ser sinxelo e que vai levar tempo, pero afirma “é un bo momento para facelo”.
A novidade desta iniciativa tamén radica en abrirse ao resto das linguas penínsulares. Así, para septembro o poeta invitado será Kirmen Uribe, que recitará en inglés e vasco. “A idea e fomentar a diversidade e a riqueza das nosas linguas”, afirma o director, que se compromete a levar poetas galegos a recitar no Bowery Poetry, “como xa fixemos con Francisco Castro, Malvares de Moscoso, Wöyza ou Álvarez Koki nas pasadas edicións do Kerouac”. E puntualiza, “os neoiorquinos son curiosos e gostan de escoitar linguas que non coñecen tanto”. Con tal motivo abre a porta ás administracións galegas para colaborar na difusión da cultura dentro dunha institución americana coma o Bowery Poetry.
Xunto a artista gráfica Vanesa Álvarez, dirixe o festival Kerouac a ambas beiras do Atlántico: en Nova York dende hai catro anos, en Vigo, dende hai nove e en México DF dende o ano pasado. Levan varios meses vivindo en Nova York e teñen programado nos vindeiros días á saída do vídeo da edición pasada con Marina Oroza e Wöyza entre outras. 
“Agora xa traballamos cara Vigo en outubro e Ciudad de México en xaneiro; este festival non para de crecer co tremendo esforzo que facemos cada ano Vanesa e máis eu, é un traballo e unha ilusión que terminan por facerse contaxiosos”, sinala Marcos de la Fuente, quen espera tamén a implicación de institucións e colectivos vigueses.n