Anxo Cabada, residente do Ateneo cultural Atlántico

Anxo Cabada: "O que queremos é que a xente participe na idea de cidade, non temos que ser cidadáns pasivos"

O profesor e fotógrafo Anxo Cabada no set de Atlántico TV.
photo_camera O profesor e fotógrafo Anxo Cabada no set de Atlántico TV.

Anxo Cabada, profesor e fotógrafo de sona con moita obra publicada. É tamén o presidente do Ateneo Atlántico, unha entidade cultural que xa ten cinco anos.

Por e para que naceu o Ateneo?

Xuntámonos un grupo de amigos tratando de facer unha media república dos soños, éramos representantes de distintos sectores políticos e públicos da cidade. Fixemos a presentación no Marco hai catro anos e medio e houbo expectación, notábase que había necesidade dunha organización coma a nosa, sen ánimo de lucro, que pelexara pola cultura, polo debate e ter un pulmón de acción cidadá n acidade.

E costou traballo?

Íamos moi ben pero a pandemia, como noutras actividades, deixounos un pouco tocados.

Como está a cultura en Vigo, esmorrece ou viva?

A cidade sempre foi moi dinámica, malia que  a desaparición da política cultural da Caixa notouse. Tamén notamos que noutras cidades había organizacións como o Ateneo, había unha demanda sen cubrir. Facemos duas actividades á semana, temos un círculo de leitura, fixemos un acordó cos multicines Norte para proxectar cine, e facemos debates e reflexións sobre o momento actual e a cidade. Pensamos que é unha cidade que hai pensar nela, debatila, ver que tipo de cidade queremos… 

Que quere facer o Ateneo para que Vigo sexa unha cidade mellor?

O que queremos é que a xente participe na idea de cidade, non temos que ser cidadáns pasivos, temos que facer o que chamo resistencia activa, non podemos quedar presos das redes sociais ou que sexa a cidade un conxunto de xente aillada, senón unha enerxía colectiva que poda ser participativa e ser protagonistas do que está a pasar. Acabamos de facer un ciclo sobre a historia da cidade ata o século XX  e agora toca debatir que é a cidade que temos e a que queremos.

E cal é a que queredes?

Nós non damos solucións, nós plantexamos o debate: queremos unha cidade onde a xente estea implicada, puxamos por que a xente sinta a cidade como súa e participe nas decisións. 

Vigo é unha cidade viva con actividade cultural ou non?

Falando coa xente nótase que lembra aquelos, digamos, gloriosos anos 80, onde había actividade potente, e agora por deixadeces Vigo queda atrás. Cando sale o ranquin, Vigo non está nun lugar que estivo: para ser unha cidade emprendedora e dinámica, está moi abaixo a nivel cultural. Non temos axudas máis que dos 300 socios da asociación, pero tentamos de ser activos e ofrecer cousas que lle interesen á xente de Vigo.

Que necesita esta cidade para ter o pulo dos 80?

Viñamos do franquismo e había ansias de liberdade e facer cousas. Agora non vemos dunha dictadura, e máis difícil. Polos barrios de Vigo hai actividade, pero moi dispersa. Nós apuntamos que a visibilidade sexa no centro da cidade porque é a maneira de conxuntar. Temos un pouco esa vocación de xuntar esforzos. Unha das cousas que temos en marcha é o premio Xeria de relato breve con dúas empresas locais, Terras Gauda e Eduardo Vieira. Creo que é unha maneira de asentar cousas na nosa asociación e na cidade.

Ti es vigués de Sabucedo, capital da rapa das bestas. 

Agora é unha festa de interés turístico internacional e Sabucedo aparece en todos os xornais do mundo. Hai un problema, que os cabalos non están atendidos. Non protexer esa raza é unha desgracia para este país. Baixou a cabaña de 600 cabalos a 200, e se non hai remedio vamos a non poder manter a festa, unha mágoa.

Te puede interesar