Vigo

Pontón propón un Goberno que ‘prenda o motor económico’

Vigo

Elecciones 12-J

Pontón propón un Goberno que ‘prenda o motor económico’

Ana Pontón, entre Luís Bará, cabeza de lista pola provincia de Pontevedra e o concelleiro vigués Xabier P. igrexas
photo_cameraAna Pontón, entre Luís Bará, cabeza de lista pola provincia de Pontevedra e o concelleiro vigués Xabier P. igrexas
El BNG elixíu Vigo para defender unha economía verde, I+D+i, a reindustrialización ou o pulo polo rural e os sectores primarios

nnn A candidata á Presidencia, Ana Pontón, elixiu Vigo, (buque insignia da capacidade industrial do país), para explicar as que determinou como  liñas estratéxicas para reactivar a economía cun Goberno liderado por unha presidenta que “confíe” no potencial do país: “Podemos ser a envexa de Europa se poñemos en marcha unha estratexia que nos permita producir, xerar riqueza e emprego e ese será o camiño se os galegos e as galegas me dan a súa confianza o 12X”, apuntou.
Pontón afirmou que “o obxectivo desta estratexia é prender o motor económico de Galiza para erguer este país e saír da crise e, ao mesmo tempo, poñer as bases da economía do futuro desde a confianza no potencial do país. E para iso non valen as vellas receitas, nin repetir fórmulas fracasadas, senón ideas que partan da nosa realidade cun proxecto autocentrado e modernizador como o que presenta o BNG”. 
Destacou así as que considera deben ser claves do futuro que quere para unha nova Galiza. A candidata nacionalista defendeu “unha economía verde; a investigación e a ciencia como elementos centrais porque sen I+D+i non hai futuro; a reindustrialización do país: naval, automoción, electrointensivas; o impulso dos sectores produtivos primarios tanto a pesca, no que somos unha potencia, e o sector agrogandeiro, porque os países avanzados teñen unha agricultura forte; e pola recuperación do rural, porque é unha inmensa fonte de riqueza e tamén en aras do reequilibrio territorial. Galiza ten dúas almas e non se entende sen as dúas”, explicou.
Diferenciou a estratexia económica que defende o candidato do PP marcado pola “subordinación e a irrelevancia política”, currículo ao que agora suma a “irresponsabilidade e o escapismo” que está demostrando ante o rebrote da Mariña.

Eleccións na mariña
Criticou a resposta dada polo candidato do PP á crise sanitaria na Mariña. Tíldao de “irresponsable por minimizar o rebrote nunha pandemia, o irresponsable é el actuando con cálculos electoralistas e irresponsable é a súa falta de transparencia”, lamentou.
Pontón asegurou que Feijóo “non está á altura do país un candidato que primeiro se esconde detrás do mando único e agora se esconde detrás dos concellos”. Pontó fixo un chamamento para “deixar atrás a submisión e a irrelevancia política, deixar atrás unha Galiza sen liderado e construír un país novo desde a confianza no que somos”.
Desde a terraza do hotel Bahía, tamén intervíu no acto Luís Bará, cabeza de lista do BNG porla provincia de Pontevedra. Bará destacou o papel protagonista que lle corresponde a esta cidade e a súa área metropolitana debe ter nese gran acordo de país para a reactivación economica”.n

Más en Vigo
Comentarios