Luís Valle gaña con ’A caída’ o premio de poesía Caixanova

O conselleiro Roberto Varela, xunto a Julio Fernández Gayoso, fai entrega do premio a Luís Valle. foto: s.e.
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asistíu á cerimonia de entrega a Luís Valle do premio de poesía Caixanova, ao que tamén asistiron o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, e o presidente do Pen Clube de Galicia, Luís González Tosar.
Julio Fernández Gayoso, presidente de Caixanova, e Luís González Tosar, presidente do Pen Clube de Galicia, fixeron entrega onte, no Pazo de San Roque, do VII Premio de Poesía Caixanova a Luís Valle Regueiro, pola súa obra ’A caída’. O acto estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela.
Na cerimonia de entrega tamén estiveron presentes os outros membros do xurado: Anxo Angueira, escritor e profesor da Universidade de Vigo; Elvira Ribeiro, escritora e profesora da Universidade de Vigo; Miro Billar, poeta, investigador e crítico literario, así como por Ramón Nicolás, crítico literario.
O tribunal decidiu outor garlle o galardón á obra ’A caída’, do lucense Luís Valle Regueiro. Segundo explicaron, ’a súa obra está dotada dunha coherencia estética e un equilibrio estrutural próximo ao minimalismo expresivo’, coidados e traballados con esmero e delicadeza.
Así mesmo, tamén quixeron destacar que ’resulta significativo o tratamento que fai o autor da poética do íntimo cun suxestivo repertorio simbólico e un rexistro lingüístico contido pero escolleito’.
O éxito do certame constátase tanto pola elevada participación concorreron 57 poemarioscomo pola elevada calidade dos traballos presentados, dous aspectos que o consolidan como unha das convocatorias de referencia no panorama literario do noso país.
O premio de poesía Caixa nova trátase dun dos galardóns de maior dotación do panorama literario galego (12.000 euros) e tamén un dos mellores entre os que se convocan nas diferentes linguas del Estado. Ademais da dotación económica, a obra gañadora publícase na colección de poesía Arte de Trovar, que edita Caixanova en colaboración co Pen Clube de Galicia. No marco do acto de entrega realizarase unha lectura de poemas do libro premiado a cargo do seu autor.

’Participei neste certame porque hai certa similitude co meu traballo e a liña premiada’

Investigador do Museo Pedagóxico de Galicia, ubicado en Santiago de Compostela, traballa para a divulgación dos feitos educativos obtidos en Galicia. Declárase bibliófilo y amante de mercar libros.

Como compaxina o traballo cotía coa producción poética? Lévoo bastante ben. Son técnicas diferente de escritura e a poesía ocupa o meu lecer, que abrangue as distintas formas de creación como a literatura e a pintura. Para min a poesía supón unha vía de escape dunha tarefa diaria interesante, pero bastante sesuda. Escribir é duro, pero reconfórtame.

Que supón para a súa carreira obter este recoñecemento? Despois dun primeiro momento de ledicia, e analizándoo con perspectiva, penso que o premio Caixanova suporá un pulo importante no meu labor como poeta, tanto polo prestixio como polo bó facer do Pen Club e de Caixanova, así como a calidade das súas publicacións.

Que lle levou a participar neste certame?
É a terceira vez que participo nun concurso literario. Supoño que me decantei por este porque hai certa similitude co meu traballo e a liña premiada por Caixanova; ademáis a dotación económica tamén foi un motivo de peso.

Hai un antes e un despois do premio Caixanova na súa producción poética?
Seguirei traballando nos meus proxectos actuais que son dos poemarios que estou elaborando dende hai algún tempo: un deles é unha proposta semellante aos meus dous libros anteriores nunha continuación do meu estilo; o outro dos meus traballos é un libro metapoético.

Te puede interesar