vigo

“Laberinto”, unha proposta teatral para ensinar consumo responsable

Os actores e as responsables do programa, no García Barbón.
photo_camera Os actores e as responsables do programa, no García Barbón.

n n n Abanca renovou as actividades do seu programa de educación financeira dirixidas ao colectivo escolar cunha nova obra de teatro que ten como finalidade poder transmitir aos máis pequenos a importancia dunha correcta xestión da economía no fogar e como as súas accións poden ter un papel fundamental para mellorar o aforro familiar. Esta proposta escénica, que se estreou onte no García Barbón, onde estará ata o 27, preséntase baixo o título “Laberinto” e foi encargada á compañía teatral Zarándula, profesionais cos que xa traballou o curso pasado cando promoveu este formato innovador para introducir conceptos económicos básicos entre nenas e nenos. 
A directora de RSC de ABANCA, Tatiana Suárez, explicou na presentación da nova obra, dirixida a escolares de 4º, 5º e 6º de Primaria, que o banco considera “de vital importancia achegar a estes público conceptos básicos de economía e xestión do diñeiro e que poidan empezar a tomar conciencia da necesidade de realizar un consumo responsable”.n

Te puede interesar