ana baena. vigo

Eu.experimento, a suma de dúas paixóns: o teatro e o portugués

O grupo amador Eu.experimento comeza as súas sesións de traballo ao redor dunha mesa.
photo_camera O grupo amador Eu.experimento comeza as súas sesións de traballo ao redor dunha mesa.

O grupo do Instituto Camões ten aberto ata o 15 de febreiro o prazo de inscripción para formar parte do proxecto

Comeza a nova tempada e o grupo de teatro do Instituto Camões en Vigo, Eu.Experimento, abríu o prazo para solicitar o ingreso na compañía no correo [email protected], que estará dispoñible ata o 15 de febreiro. Trátase dunha aposta do centro portugués para fomentar o coñecemento do idioma e da cultura lusa a través de interpretación. Comezou a funcionar en 2013 e xirou tanto por Galicia como por fóra. 
Guiados pola súa directora, Vanesa Sotelo, este ano tantean novo día de xuntanza, o sábado de mañá. Os veteranos Xaco, Alicia e Nuria e as recén incorporadas, Regina e Belén, acudiron á convocatoria desta semana. Aseguran que é a paixón pola cultura portuguesa e o gusto polo teatro foron as que lles levou a formar parte de esta iniciativa. “Os de Vigo imos dende pequenos a Valença, ten tan perto á fronteira é un privilexio”, sinala Xaco. Mentres Nuria reivindícase como poboadora da antiga Gallaecia: “Temos moitas cousas en común a nivel cultural”.
Para formar parte do grupo hai que ter un coñecemento mínimo da lingua portuguesa, aínda que o grupo conta co asesoramento dos profesores do centro. No ámbito actoral, un intercambio coa ESAD posibilitou un obradoiro da palabra con Ermel Morales, un convenio que esperan teña continuidade este ano.
Ao redor dunha mesa comezaron o proceso de traballo: “Utilizamos material propio, xorde un tema e todos aportamos textos, nalgunha ocasión facemos adaptacións”. Así, Sotelo repasou cos integrantes do grupo as montaxes anteriores: “Eles/elas", “Processo Bocage”; “O Conto das Três Nozes”, “O nome de todos os nomes” ou “Uma casa, moitas vis(i)tas”, posta en escea co gallo do 20 aniversario do Camões en Vigo coa que propuñan un pecorrido pola sede, a Casa Arines.
A memorización,  o coñecemento da lingua, pero tamén a propia expresividade e o coñecemento do corpo son os aspectos cos que se traballa. “Esta edición queremos incrementar a nosa participación nas actividades que desenvolva o Instituto”, puntualiza a directora.

Te puede interesar