ENTREVISTA

"Cantar no disco tanto en galego coma en castelán é un exercicio de honestidade"

Rosa Cedrón interpretará en Vigo o seu novo disco.
photo_camera Rosa Cedrón interpretará en Vigo o seu novo disco.

Rosa Cedrón tamén visitará Vialia. Será o  vindeiro sábado, 9 de outubro, para presentar o seu último disco “Nómade” que saíu ao mercado o 24 de setembro. En plena xira de promoción, a intérprete falou sobre este traballo aos lectores de Atlántico.

Que hai da primeira Rosa Cedrón nestas cancións?

Queda moito, un acaba sendo o que vai recollendo na vida, as experiencias e as vivenzas con outros artistas, todo inflúe. Neste traballo conto como sempre co meu irmán, Javier Cedrón, e con Miguel Arthus. De novo ten esa gana de renovarse e a producción musical de Sergio Moure que se nota nos arranxos delicados.

A banda de músicos do disco será unha agrupación fixa nos directos?

 Agora actuamos en formato pequeno, en trío, para recuperar as actuacións pospostas pola pandemia, pero sempre me gustou ir movéndome en distintas formacións dende a banda ata voz  con piano. É un xeito distinto de achegarse á música.

Por qué “Nómade”?

Fai referencia a non quedarse no sitio, pero sen me referir a un espazo físico. Este disco é unha chamada para superar a melancolía e buscar a melloría. Son historias onde todo o mundo pode verse reflectido, experiencias resoltas cheas de luz, realmente unha parte escura.

Supoño que “Ti, miña flor” será dos máis positivos.

Está adicada a miña filla, é todo tenrura. É o que máis me gusta. Neste disco descansei máis en Miguel a composición e eu adiquei a desfrutar interpretándoo.

Como cantante soa diferente nos temas de galego fronte aos de castelán. 

Cantar neste disco en galego e en castelán é un exercicio de honestidade, a miña familia falaba tanto nun como noutro idioma. É certo que soo distinto porque o sinto diferente, pero sen nengunha connotación especial.

Canto ten de autobiográfico o seu cantar?

Todos teñen un punto de autobiográfico, incluso os escritos por Miguel. Calquera pasa polas circunstancias que se contan.

Pecha o disco con “Non me perderéi”, é unha declaración de intencións?

Totalmente, en moitos dos temas existe esa liberación de cadeas.

Te puede interesar