UNIVERSIDAD

O Banco Santander destina 1,4 millones de euros á UVigo

Reigosa y Menéndez tras la firma del convenio.
photo_camera Reigosa y Menéndez tras la firma del convenio.
n n nEducación, emprendemento, empregabilidade impulso á transformación dixital son os eixos estratéxicos de colaboración do convenio asinado o pasado venres entre o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o director territorial en Galicia do Banco Santander, Víctor Menéndez, en representación do presidente de Santander Universidades, Matías Rodríguez. 
O acordo renova a colaboración que desde o ano 2004 manteñen ambas as dúas institucións e prolongarase por un prazo de dous años, con dúas prórrogas tácitas dun ano de duración e unha achega económica global anual de 700.000 euros. O convenio de colaboración asinado o pasado xoves no despacho do reitor vigués traducirase no desenvolvemento de accións de contido docente e de apoio á actividade académica. 
Así, dentro do eixo estratéxico de educación, aparecen contemplados os programas Santander Universidade de Vigo e bolsas e axudas á educación inclusiva e equitativa (axudas de transporte, comedor, discapacidade, etc) e os Premios de Excelencia Santander Universidade de Vigo para alumnado de grao e máster.
Pola súa banda, no eixo estratéxico correspondente a emprendemento o acordo recolle explicitamente os programas de promoción da cultura emprendedora, a innovación e a transferencia, como os Premios Incuvi, a aula Emprende e o espazo de coworking. No eixo empregabilidade, aparece recollido o programa Destrezas de formación en habilidades e competencias profesionais, mentres que o impulso á transformación dixital, continuará materializándose a través de accións como o Campus Dixital Multimedia, a app universitaria ou TIUI. 
Nestes dous ámbitos, o reitor vigués destacou o forte compromiso da Universidade de Vigo co emprendemento e a transferencia “que constitúen un dos nosos sinais de identidade e Santander Universidades participa en todos os nosos programas de promoción do emprendemento nas distintas etapas, así como no programa Destrezas de formación en habilidades e competencias profesionais, que permitirá mellorar a empregabilidade das nosas tituladas e titulados”.
Así mesmo, o convenio contempla que a UVigo e Santander Universidades continuarán dedicando de forma preferente a súa atención e recursos ao desenvolvemento do proxecto Tarxeta Universitaria Intelixente e á app universitaria, dentro do proxecto appCRUE, como soporte de funcionalidades académicas de alto valor engadido, co obxectivo de mellorar a xestión administrativa e académica e con iso a calidade do servizo que se presta aos membros da comunidade universitaria.n
 

Te puede interesar