Atlántico

VIGO

As universidades crearán graos en lingua galega no 2019-20

O Sistema Universitario de Galicia podería contar a partir do vindeiro curso 2019-2020 con itinerarios en lingua galega en varios graos. 

As universidades crearán graos en lingua galega no 2019-20

Esta cuestión centrou onte a reunión que a Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística celebrou no campus de Vigo e na que se acordou que as tres universidades deseñen, cando menos, un proxecto de itinerario cada unha, que tras ser revisados pola comisión, serían aprobados pola Comisión de seguimento do Plan Galego de Financiamento Universitario 2016-2020 e implantados o vindeiro curso. “É a realización do que xa estaba previsto no Plan Galego de Financiamento Universitario. Que as universidades traian cando menos un proxecto de itinerario cada unha, para que a Comisión de Política Lingüística os revise e logo pasen á Comisión de seguimento do Plan de Financiamento, que é onde hai que aprobar este tipo de iniciativas”, explicou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen sinalou que “que se faga efectivo nas tres universidades dependerá delas”. Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo destacou o clima construtivo que presidiu o debate deste punto da orde do día da reunión da Comisión e asegurou que “tanto a Xunta como o SUG apostamos pola formación e a utilización do galego nas aulas e esperamos que en breve poidamos ter unha oferta nas tres universidades. Igual que no seu día se fixo para que houbese itinerarios en inglés, cremos que é fundamental que a nosa lingua tamén se vexa reflectida nas aulas”, dixo Reigosa. O secretario de Política Lingüística avanzou que se pediu un esforzo.