UNIVERSIDAD

Un obradoiro afondou na ideoloxía da música no S.XX

Gil de Gárate.
photo_camera Gil de Gárate.
 Comeza a conta atrás para o remate do obradoiro De Dylan a Siniestro Total. Ideoloxía e música no século XX, organizado este ano por primeira vez pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria e que, tivo unha grande acollida, contando coa participación de 18 persoas, cando o número máximo de prazas ofertadas era 20. O taller, que rematou onte, incluíu, ademais de exposicións teóricas, interpretacións musicais en directo das que as persoas asistentes puideron gozar ao mesmo tempo que aprender. Sinala o director do taller e músico, Bosco Gil de Gárate, que “nunha valoración previa eu diría que o que máis gustou foron as interpretacións en directo e coñecer con mais detalle a historia dalgúns temas icónicos da cultura dos que o alumnado descoñecía a forte compoñente reivindicativa”.
Durante as sesións, que comezaron en outubro, o obradoiro centrouse na revisión das principais figuras da canción social ou canción protesta dende os seus inicios a finais do século XIX ata o último cuarto do século XX. A maiores das exposicións teóricas, as cales sempre foron acompañadas de soporte audiovisual, nas sesións finais houbo “máis espazo para a creatividade” e tamén interpretacións en directo nas que participaron distintos artistas vigueses como Rubén Xuárez e Antonio Tato. 
 

Te puede interesar