Campus Aberto da UVigo: Formación universitaria para todas as persoas

María José Moure Rodríguez e Alfonso Lago Ferreiro, da Universidade de Vigo, na redación de Atlántico.
photo_camera María José Moure Rodríguez e Alfonso Lago Ferreiro, da Universidade de Vigo, na redación de Atlántico.
O Campus Aberto da Universidade de Vigo ofrece o próximo curso 2023/2024 máis de 16 títulos propios, algúns deles subvencionados aos que poden acceder persoas con ou sen titulación universitaria

O Campus Aberto engloba toda a formación permanente da Universidade de Vigo, unha oferta que inclúe dende mestrados propios e títulos de especialización ata cursos de curta duración para persoas sen titulación universitaria previa. En total, para o primeiro cuadrimestre do próximo curso ofértanse máis de 16 programas formativos que nacen das demandas sociais e da colaboración con empresas e entidades externas.

Alfonso Lago Ferreiro é o Vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente, e María José Moure Rodriguez, a directora da Escola Aberta de Formación Permanente da Universidade de Vigo. 

 

 

Que é o Campus Aberto da Universidade de Vigo?

MJ: Cando nós falamos de Campus Aberto, o que falamos é dunha universidade que está aberta a todas as persoas. A diferenza de fai anos que a universidade era un espazo para as mozas e as mozas, agora é un espazo para todas as idades, e creemos na universidade non soamente para formase nun grado, mestrado o doutoramento, senón para a formación ao longo da vida. 

A apertura da matrícula dos títulos propios da UVigo comezou o 17 de xullo e vai estar aberta ata o 11 de setembro.

MJ: Temos diferentes títulos, os de posgrao buscan a especialización das persoas nunhas competencias profesionais e para este tipo de estudos as persoas teñen que ter unha titulación universitaria previa. E temos outros moitísimos títulos que chámanse de formación universitaria, aos cales pode acceder calquera persoa sempre que sexa maior de idade. Normalmente temos cursos curtos que abren a súa matrícula ao longo de todo o curso. 

É dicir, que hai diferentes duracións tamén nos títulos.

MJ: Si, temos cursos que van ao longo de todo o ano e cursos curtos que poden durar unha semana. O que buscamos sempre tamén son horarios compatibles co traballo e coa familia. Ademais os cursos poden ser presencial, en liña, etc.

Falemos dos títulos. Para este curso, hai novidades.

MJ: Como novidades temos cursos moi interesantes como o Experto en Inglés xurídico, que vén dunha demanda do Colexio de Avogacía de Vigo, porque no ámbito xurídico internacional cada vez é mais importante o dominio do inglés. Tamén temos como novidade o Máster en Información xeoespacial, orientado a persoas do ámbito científico tecnolóxico que queiran especializarse neste campo. E temos outras  formacións como especialista en Edición de libros, Industria musical, Tradución para a industria do videoxogo, ou o curso de Proteccións eléctricas en subestacións.

AL: É de destacar o Máster de Información xeoespacial, o primeiro título dual dentro da formación permanente da UVigo. É un paso importante, porque os máster duais teñen unha carga docente importante dentro das empresas. Realizase en colaboración cun clúster que vai permitir que ese estudantado se achegue á realidade das empresas. 

Cales son os títulos máis consilidados?

AL: Vai a empezar a sexta edición do curso de especialista en Electrónica para compoñentes da automoción, que é un curso que se ven facendo coa colaboración da empresa BorgWarner, onde un alumnado maioritariamente profesional. Coa incorporación da electrónica ao automóbil necesitan uns cursos adaptados e esa especialización.

Os títulos que oferta o Campus Aberto son demandados pola sociedade, pero tamén polas empresas. Cal é a ligazón con elas?

MJ: É moi importante porque ofrecemos unha formación moi vencellada ás necesidade sociais e empresariais e polo tanto deseñamos unha formación que ten unha repercusión directa na empresa e na empregabilidade das persoas. É moi importante nese sentido, pero tamén no sentido da docencia, porque nos títulos propios participan moitos profesionais externos, e combínase a experiencia académica docente do profesorado da UVigo con profesionais da empresa que imparten unha formación máis en contacto coa necesidade real.

Que son as microcredenciais?

MJ: Son a formación permanente do futuro, porque trátase de formacións curtas no tempo, pero que teñen unas competencias moi específicas, cuns resultados de aprendizaxe que ademais certifícanse dixitalmente. De tal forma que a persoa pode ter unha serie de certificados acumulables que vanse sumando ao seu curriculum. Iso va a facilitar que as persoas podan optar a traballos mellores e ter na súa propiedade dixital todas estas certificacións.

Hai bonificacións ou descontos para certos colectivos ou estudantes.

MJ: As subvenciones que temos da Deputación de Ourense ou do Consello Galego de Relacións Laborais fan que o prezo de matrícula sexa moi pequeno. Son formacións moi asequibles para todas as persoas. É importante destacar que as empresas cando forman aos seus traballadores na UVigo teñen a posibilidade de bonificar esa formación a través da Fundae. Polo tanto, hai que pensar que a universidade ofrece unha formación de calidade a un prezo reducido. As persoas que son egresadas da UVigo que forman parte da Comunidade Alumni, os alumnos da Universidade e as persoas con discapacidade ou en situación de desemprego teñen tamén reducións de prezo.

Por último, cales son as liñas de futuro?

AL: O Campus Aberto da UVigo está dentro da Escola Aberta de Formación Permanente que proximamente transformarase no Centro de Posgrao de Formación Permanente. E non só se dedicará aos títulos propios, á formación de profesorado ou de persoas maiores, senón que desenvolverán as microcredenciais universitarias, que serán un aspecto moi importante no futuro.

Será importante tamén a captación de alumnado estranxeiro, polo tanto hai que crear unha formación moito máis flexible e adaptada ao curriculum doutros países, que poidan incluso homologarse despois. Sobre todo vendo que na nova lei fai unha énfase importante cara o espazo iberoamericano. Coa incorporación da UVigo ao consorcio europeo Athena, estamos a traballar na creación de cursos máis transversais.

 

Listado de cursos ofertados para o primeiro cuatrimestre de 2023/2024

  • MÁSTER

Máster de formación permanente en Auditoría e contabilidade

Máster dual de formación permanente en Información xeoespacial

  • ESPECIALISTA

Especialista en Edición. A cadea do libro: deseñar, executar e resolver proxectos editoriais

Especialista en Electrónica para compoñentes de automoción

Especialista en Innovación, competitividade e emprendemento (ICEMAR)

Especialista en Tradución para a industria do videoxogo (ETIV)

Especialista en Industria musical

  • EXPERTO

Experto en Escritura e reescrituras literarias da Idade Media

Experto en Inglés xurídico

  • DIPLOMA DE CURSO AVANZADO DE POSGRAO

Didáctica da ficción e creación literaria

Te puede interesar