UNIVERSIDAD

Alumnos de Belas Artes expoñen en Cangas e Marín

Unha mostra colectiva que reúne unha serie de obras realizadas por nove estudantes e egresados da Facultade de Belas Artes, que xiran todas elas arredor do concepto do corpo, e outra que reúne unha serie de obras pictóricas de diferentes temáticas cun denominador común, que se trata da primeira peza que todas e todas e todos os participantes na mostra presentan nunha exposición.

Estas son os eixos das dúas mostras colectivas impulsadas neste mes de xaneiro no Museo Municipal Manuel Torres de Marín e na sede da Asociación de diagnosticadas de cancro de mama Adicam en Cangas, respectivamente, por estudantes da Facultade de Belas Artes, en ambos casos como traballos para a materia Xestión, ámbito artístico e mundo cultural, que imparte o profesor Xosé Manuel Buxán.

Samuel Costas, José Castro e Francisco Criado son os tres alumnos que exercen como comisarios de “Emerxentes”, a exposición de debuxo e pintura que ata finais de mes pode verse na Casa da Bola, en Cangas, e que xunto ás súas propias creacións, reúne a as obras de sete afeccionadas a pintura de diferentes xeracións. “A finalidade desta exposición é dar a coñecer o talento de artistas emerxentes”, sinalan os impulsores dunha mostra de pintura figurativa que reúne once pezas de diferentes técnicas. n
 

Te puede interesar