nnn “Vigo, onde vive o Nadal” é un ambicioso programa do Concello que non só se limita á una espectacular iluminación e ambientación navideña da cidade. Tamén inclúe un amplo programa de actividades para que os máis novos poidan disfrutar destas festas dun xeito lúdico, onde a diversión está asegurada.
Este ano, haberá campamentos de Nadal no Berbés, Bouzas e Navia; obradoiros no Auditorio Mar de Vigo, un programa de contacontos, unha carpa moi especial en Navia e espazos de lecer na Casa da Xuventude.
• Campamentos de Nadal. As incripcións rematan este domingo, 8 de decembro (máis información e reservas na web
www.xuventudevigo.org). Son totalmente gratuítos e están dirixidos a nenas e nenos nados entre os anos 2007–2015 e que estean empadroados en Vigo.
Estes campamentos urbanos permiten ofertar un tempo de lecer educativo dentro da propia cidade en periodo vacacional, co obxectivo principal de facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das mulleres e dos homes da cidade.
Este ano, as actividades desenvolveranse no Pavillón do Berbés, Pavillón de Bouzas e Pavillón de Navia (50 prazas en cada sede). Serán os días 23, 26, 27 e 30 de decembro de 2019 e os días 2 e 3 de xaneiro de 2020.
• Auditorio Mar de Vigo. Volve un ano máis o parque de Nadal do Concello de Vigo a este espazo emblemático da cidade, unha iniciativa que resultou todo en éxito en campañas anteriores. Os máis cativos da casa —nenos e nenas de entre 1 y 12 anos de idade— poderán disfrutar dunha chea de actividades lúdicas:
-Escritura china na area (obradoiro de escritura chinesa).
-Moedas de comercio (obradoiro).
-Pok ta pok (xogo maia).
-Tangram xigante (xogo chinés).
-Kubb (xogo viquingo).
-Tatuaxes de Henna (obradoiro exipcio).
-Pictogramas nas pedras (obradoiro prehistórico).
Este parque de actividades funcionará do 20 ao 24 de decembro, en horario de 11:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:30 horas. n