The Rapants: “Se temos que escoller unha etiqueta, somos un guiso de estilos”

Samuel e Matías, de The Rapants, no set de Atlántico TV.
photo_camera Samuel e Matías, de The Rapants, no set de Atlántico TV.
“Non somos uns flipados, non andamos por aí como estrellitas”, din Samu e Matías, vogalista e baixista do grupo

Samu, Matías, Xaquín e Xanma conforman The Rapants, o grupo de Muros que están a revolucionar o mundo do pop. Veñen de sacar un disco “La máquina del buen rollo”, nove cancións que xa están dispoñibles nas plataformas. Su vogalista Samu (S) e o baixista Matías (M) visitaron o set de Atlántico TV para falar deste último traballo.

 

 

“La máquina del buen rollo” é o terceiro disco da banda. Que supón na súa traxectoria?

S. Este disco é o que viñamos facendo ata agora, a nosa esencia, pero dirixíndonos a un camiño distinto. Son letras tristes, acompañadas por ritmos bailables que dan moi bo rollo.

No tema “Blaster W4u” cantan que “toda esta música está inventada”. Non queda espazo para a creatividade?

M. Todo pode perfeccionarse, pero está todo inventado. As notas son as que son, o que queda é mesturalo e buscar estilos.

Tamén desvelan en “Tuenti” que xa están cansos de saír porque non saben ligar.  Como é iso?

S. Estou canso de non saber ligar, de non saber como funciona isto dos ligues, pero de saír non me farto.

M. Tería que ser como “Homes, mulleres e viceversa”, onde xa che poñen todo listo.  

A nivel musical resulta complicado clasificar o son de The Rapants. Tal vez indie? 

S. Non queremos ter etiquetas, non somos ‘O Corte Inglés’. A nosa intención é escribir música que faga bailar, coa que  desfrutemos compoñendo.

M. Compoñemos entre todos e temos cada un o noso propio estilo, que contribúe a formar a nosa esencia.

S. Se temos que escoller unha etiqueta, somos un guiso de estilos.

The Rapants é unha banda de Muros que reivindica a súa orixe.

M. Ao saír dun pobo tamén somos moi distintos, nacer aí abaixo dá carácter. Ser  do pobo é ser humildes. A nosa orixe nótase moito. 

S. Gustamos representar o que somos alí onde imos. Eso importante.

Neste último traballo contan con dúas colaboracións,  a de Sara Faro (Fillas de Cassandra), en “Rue Franklin” e  Nuno Pico (Grande Amore) en “Cando pensa en min”.  Como xurdiron?

S. Aportaron a letra. Grande Amore quería unha banda para a súa canción e facíanos ilusión poñerlle a música. E logo temos ao xenro de Cassandra no grupo, Xaquín, o batería da banda, é a parella actual de Sara. Interpretan un tema románico, unha canción de amor, feita polos dous.

M. Aporta frescura.

É real ese bo rollo que semella haber no panorama musical galego? Amais entre grupos de distintos paus.

M. Non somos uns flipados, non andamos por aí como estreliñas da música. Cando falas persoa a persoa no mesmo punto, tirando polo mesmo camiño, así xorden soas as relacións. 

Teñen unha longa traxectoria na música, aínda que o éxito non chegou ata o ano pasado con “O corasón como un after”. Como asimilaron esta popularidade?

S.Levamos tocando toda a vida con grupos de Muros en 2018, pero colleunos a pandemia e estancouse todo un pouco ata  que chegou “Corasón”.

M. Foi un chanzo máis, dun cremento paulatino. Gustounos, era o que  estabamos buscando, chegar a máis xente.

Haberá unha actuación en Vigo?

M. Temos, pero non podemos dicir nada ata que estea anunciado. Hai moita xente que nos escoita aquí. Sempre  enchemos en  Churruca.

Te puede interesar