Roberto Gaspar, director de la ONCE: "Vigo avanzó mucho en accesibilidad en los últimos años"

Roberto Gaspar, durante a súa visita a Atlántico TV.
photo_camera Roberto Gaspar, durante a súa visita a Atlántico TV.
"O ano pasado a nosa fundación chegou a máis de 800 persoas en Vigo e a súa área co seu programa de orientación laboral", explica el director da delegación da ONCE en Vigo

Con case un milleiro de afiliados só en Vigo e a súa área, a ONCE ofrece, ademais de apoio y asistencia a persoas con discapacidade visual severa e cegas, servizos de orientación laboral a xente con todo tipo de discapacidade. O director da delegación de Vigo, Roberto Gaspar, visitou Atlántico TV para falar da ampla labor desta organización case centenaria na cidade.

 

 

Que tipo de servicios ofrece a ONCE aos seus afiliados en Vigo?

Somos unha organización con 85 anos de historia que intenta promover a autonomía persoal das persoas con discapacidade visual grave e xente cega. Para iso temos unha carteira de servizos de atención multidisciplinar. Poñemos ao servizo da xente que se achega ata nós, primeiro un equipo de apoio psicosocial para poder facer un axuste a esa discapacidade, outro equipo de técnicos de rehabilitación para esas actividades da vida diaria, outro de acceso á información e outro de benestar social que avalían a situación particular de cada persoa. Tamén poñemos á disposición dos nosos afiliados diferentes actividades para favorecer que esas persoas teñan unha integración, primeiro nun entorno máis protexido como o da ONCE e logo no seu barrio, no seu espazo.

A súa fundación tamén conta con diferentes programas de apoio ao emprego en Vigo e a súa área. Como é este apoio?

Na fundación ONCE facemos unha intermediación laboral dirixida á formación desas persoas con discapacidade, á búsqueda activa de emprego e á prospección do mercado para que as empresas poidan tamén coñecer a valía das persoas con discapacidade para que se consiga o fin último, que esas persoas podan ter unha inserción laboral. No último ano, na área de Vigo houbo 40 accións formativas, formáronse 255 persoas, conseguíronse 252 insercións e 114 empresas fixeron unha oferta e orientouse a máis de 800 persoas con discapacidade. Tamén temos unha liña de empresas en Ilunion, onde tivemos un crecemento enorme nos últimos anos. Estase traballando moito e ben, un total de 1.287 persoas das cales o 63% son persoas con discapacidade. Adícanse sobre todo a temas auxiliares en temas de limpeza, seguridade ou servizos auxiliares na industria. É unha rama que sigue crecendo e estamos moi contentos co seu desenvolvemento.

Vigo é unha cidade accesible para as persoas cegas?

Vigo é unha cidade que nos últimos anos avanzou moito en materia de accesibilidade. Sempre hai cousas que se poden mellorar, pero hai avances significativos. Temos unha liña de traballo practicamente diaria coa administración pública para traballar neses asuntos. Calquera pequena cousa en accesibilidade para nós é moito. Por exemplo, se se move unha marquesina de Vitrasa as persoas cegas perden un punto de referencia.

Que se podría facer a nivel cidade para incrementar a accesibilidade?

Solucionar os problemas do día a día, ter unha comunicación fluída para que as entidades que traballamos por e para as persoas esteamos en contacto coas administracións para que se nos teña en conta en cada acción. As persoas con discapacidade somos un número importante tanto a nivel nacional como local e temos que facer que calquera decisión que se acometa nos teña en conta. Pero tamén hai que poñer máis esforzos en conseguir dar oportunidades laborais a persoas con discapacidade porque o emprego segue sendo unha dificultade moi importante no colectivo.

Teñen previsto ofrecer algún servizo máis na ONCE en Vigo?

Estamos implementando novas cousas. Agora temos moitos programas específicos en materia de animación sociocultural e deportiva, estamos avanzando moitísimo na implementación das novas tecnoloxías, que para a xente con deficiencia visual severa e xente cega son moi importantes para o acceso á información. Estamos a traballar no día a día para que iso mellore e, sobre todo, participar na vida da cidade en toda acción que dende as administracións se nos pida.

Te puede interesar