Olga Álvarez e Marisa Vidal: "Acabaremos vendo unha muller cura, é impensable ter esta desigualdade na Igrexa"

Olga Álvarez y Marisa Vidal visitaron el set de Atlántico.
photo_camera Olga Álvarez y Marisa Vidal visitaron el set de Atlántico.

Olga Álvarez e Marisa Vidal pertencen á asociación Mulleres Cristiáns Galegas, que reivindican o papel da muller na igrexa. Formada no 2022, realizan diferentes actividades para mostrar a súa loita e ensinar as desigualdades existentes actuais e históricas da igrexa católica.

 

 

Cal é o obxectivo da asociación agora?

Marisa: Xa o nome da moitas pistas do noso cometido. Nós somos mulleres que nos consideramos cristiáns, e queremos conseguir unha igualdade real na igrexa. Queremos que se nos coñeza nese espazo. 

É tanta a desigualdade existente na igrexa?

Olga: É totalmente incoherente esa situación. Xa ter desigualdade na sociedade é unha cousa impensable, na igrexa ten que ser algo moi grave. Todos somos fillos de Deus, entón esa diferencia non casa coas súas ideas. Ademais é unha perda para a propia igrexa, porque desperdicia uns talentos e capacidades que temos as mulleres que non se aproveitan. 

M: Acabaremos tendo unha cura muller, de iso non me cabe dúbida. É impensable ter esta desigualdade na igrexa. Asociouse moito a ordenación co poder, e non e tanto o problema de ser cura senón como se estruturou todo, dende a base, para que os clérigos que teñen os poderes de decisión sexan todos homes. Historicamente, nas igrexas protestantes as mulleres non pediron permiso, simplemente entraron a formar parte nos altos cargos. Usaron unha estratexia que na igrexa católica tamén se está a usar, o que pasa e que ten menos proxección. É todo máis lento, eu ordénome e logo xa me dirán o espazo que ocupo. 

O: Ademais, estamos a falar da igrexa católica. Se nos vamos a outras ramas da relixión, existen hasta bispas. Esa é a razón da nosa loita, e atopamos cada vez máis xente nova que non entender esa diferencia. Elas poden ser astronautas, científicos… menos curas. Se estás nunha igrexa, non podes progresar, e así pérdese moita devoción, porque estás a recibir unha inxustiza desa igrexa a que apoias. 

Cal é entón o papel da muller na igrexa actual?

M: Temos o mesmo que no principio. O poder de decisión segue a caer nos clérigos. É unha barreira que é real, un muro que temos que derribar. 

O: Agora, o Papa Francisco está a dar pequenos pasos para que as mulleres teñan presencia na igrexa a través da súa organización. En principio son postos pequenos, de pouca importancia na administración e nun lugar moi discreto. Para algúns está a ser unha cousa fóra de lugar, algo completamente inaceptable, pero nós vemos algo de luz con ese pequeno xesto. 

M: Os pasos están ben dados para adiante, estamos felices. Pero teñen que ser lexislados. Senón, non sirve para nada. Que non quede no Papa de turno. Cando Francisco non estea, se volvemos outra vez para atrás, todo ese avance non sirve de nada. 

Levan dende o ano 2022 traballando por esa igualdade en Vigo, conseguiron algún avance?

O: Estamos agora mesmo traballando no tema da formación. Temos que cambiar a idea das mulleres, porque moitas delas pensan que iso na igrexa é o normal e que non existe ningún problema. Temos que poñer argumentos sólidos enriba da mesa, non algo que dicimos dende a asociación.  

Un deses proxectos levantou moita polémica o utilizar no cartel unha imaxe de un cristo feminizado. Cal foi a vosa visión?

O: O final só era un club de lectura. Reunímonos unha vez o mes e lemos un escrito feito por unha teóloga feminista. Despois o comentamos, discutimos e enriquecémonos uns os outros.

M: É unha actividade que levamos facendo xa algún tempo. Porque sona raro agora? Hai que ver que está a pasar na sociedade en xeral. A cristoloxía feminista leva existindo durante 40 anos, e esta polarización tamén nos chega a nós. É resulta que despois de un pouco de ruído, a polémica quedou en nada. Esa imaxe que utilizamos no cartel xa está pendurada nunha catedral en Nova York, nos Estados Unidos, e non entendo como pode chegar a molestar agora. Creo que quedaron coa imaxe e non polo contido.  

Quizais o cumio da loita feminista na igrexa será ter unha muller Papa. 

O: Sería un cambio moi significativo para as mulleres. Igual non é a cima, pero sí cambiar a pirámide existente agora por unha estrutura circular.

Te puede interesar