celta

A tropa solidaria agroma

A peña "Tropas de Breogán" puxo en marcha unha iniciativa solidaria que está acadando moito pulo.
photo_camera A peña "Tropas de Breogán" puxo en marcha unha iniciativa solidaria que está acadando moito pulo.
Unha peña do Celta recada cartos para doar material co gallo da loita contra o coronavirus

O celtismo, no fondo, éche unha colectividade coma outra calquera creada ó calor dun equipo de fútbol. Ese movemento, heteroxéneo como é a propia sociedade, ten como elemento común, sempre, o propio Celta, e agora, o anceio de poder axudar neste momento de crise global pola pandemia do coronavirus Covid-19. Por iso, varias foron as peñas que nos últimos días anotáronse ou puxeron en marcha iniciativas encamiñadas a botar unha man alí onde se precise.
Nas últimas horas acadou especial pulo a idea de "Tropas de Breogán", que propúxose recadar cartos para dotar a diversos centros cos que contactaron do material preciso para desenvolver a súa tarefa. Así, crearon unha campaña na plataforma gofundme.com que onte á noite estaba preto de acadar os 5.000 euros.
A resposta foi rápida. A peña lanzou a proposta o pasado venres co obxectivo inicial de chegar a   3.000 euros. Pero antes xa tiñan feito o traballo previo de pulsar a diferentes asociacións e centros  que desenvolven unha función social para coñecer de primeira man as súas necesidades. Os membros da peña, que chegan o centenar, escoitaron tales inquedanzas e atoparon a maneira de proveerse de xeles hidroalcohólicos e de luvas de latex. Unha vez que tiveron claro como unir a necesidade co material foi cando saltaron ás redes sociais para solicitar os cartos.
O eco foi sonoro. En menos dun día, se acadaron os solicitados 3.000 euros, polo que o obxectivo pasou a dobrarse e agora mesmo está fixado nos 6.000, aínda que na peña non se poñen teito. A última hora da noite de onte tiñan sido 126 as personas que aportaron algo para a causa. Axudas modestas de 5, 20, 50 ou 100 euros que, unidas, se convertiron nun sinxelo pero importante acto de solidariedade.

O capitán respostou
Entre as aportacións sobresae pola cuantía e por ser quen é a de Hugo Mallo. O capitán celeste soubo da cuestación e non dubidou en por da súa parte para achegarse ó obxectivo marcado. Dende a peña consideran "moi importante e de  agradecer" que un xogador do primeiro plantel celeste aportase para a causa común. E, incluso, demandan que sexan máis os compañeiros do marinense os que teñan xestos parecidos con esta ou con outra causa similar nuns momentos en que a sociedade precisa da aportación de todos.
A recolleita, coma é lóxico, continúa. De feito, os organizadores xa se puxeron en contacto con persoas que manexan impresoras 3D para que parte dos cartos recadados teñan ese destino, co fin de elaborar viseiras protectoras para o personal sanitario e repartilas por los centros médicos.
Entre as achegas que xa se contabilizan, hai unha que vén firmada polo Riazor Blues. "Todos somos Galicia", din dende Tropas.n  

Te puede interesar