terceira división

Na segunda metade

Mauro golpea o esférico nunha falta favorable ó Alondras.
photo_camera Mauro golpea o esférico nunha falta favorable ó Alondras.

Os goles de Andrés e Leiro deron unha traballada vitoria ó Alondras ante un rival complicado como o Xuventú Sanxenxo

O Alondras logrou onte unha importante e traballada vitoria ante un rival complicado como o Xuventú Sanxenxo, que comezou a tempada con especial forza e que onte sufriu a primeira derrota do curso. 
Na primeira metade o entramado defensivo do equipo visitante resultou unha barreira inexpugnable para os de Josiño Abalde que, ata o segundo tempo, non tiveron a capacidade de crear ocasións perante a portería de Vila. De feito, a ocasión máis clara asinouna o atacante visitante Ramón, que desperdiciou un man a man con Manu Táboas.
Na reanudación, Andrés tentouno cunha vaselina que sacou Vila con apuros, pero non errou no segundo intento, no que aproveitou a internada de Firi para bater ó porteiro local. 
O segundo gol chegou cinco minutos despois. A falta de vinte para o final do encontro, Leiro aproveitou unha falta para poñela na cruceta dereita da portería do Xuventú Sanxenxo.
Con esta vitoria, o equipo de Cangas avanza postos e, con sete puntos, aparece na sexta posición da táboa, cos mesmos puntos que o seu rival de onte.

Alondras: 
Manu Táboas, Castilla, Javi, Chichi, Pablo Berros (Toni, minuto 76), Rubén, Joni, Leiro, Andrés, Mauro (Abel, minuto 91) e Firi (Pablo Lede, minuto 85).
 Xuventú Sanxenxo: 
Vila, Diego Peña, Suso, Héctor (Tinaia, minuto 80), Guille, Alfonso, Nel, Jonathan, Cuchi, Ramón y Hugo (Diego González, minuto 80).
 Goles: 
1-0 minuto 65, Andrés. 2-0 minuto 70, Leiro.
 Árbitro: 
Vázquez García, del colegio de A Coruña. Amosou cartón amarelo a Chichí e Toni polo Alondras e a Guille, Jonathan, Cuchi e Ramón, polo Xuventú Sanxenxo. 
Incidencias:
Patido disputado no Morrazo.

Te puede interesar