traiñeiras memorial ruly

Inicio de emocións fortes

A traiñeira de Tirán Pereira realiza unha ceavoga na regata de onte en Moaña.
photo_camera A traiñeira de Tirán Pereira realiza unha ceavoga na regata de onte en Moaña.

Tirán Pereira, con menos de un segundo sobre Cabo, e Mecos Coruxo acadou a vitoria

Emoción e emotividade. O Memorial Raúl Rey 'Ruly' de traiñeiras inaugurou onte a tempada de traiñeiras en Galicia cunha regata con ata 28 embarcaciones no porto da Mosqueira en Moaña e unha vitoria épica, case heroica, de Tirán Pereira por menos de un segundos sobre Cabo da Cruz, o único equipo galego da Liga ACT. 
O barco organizador dunha proba para honrar a figura dun patrón mítico do club tivo que empurrar e moito para aguantar nos dous últimos longos a renda adquirida no segundo do día. Marchaba a embarcación de Boiro por diante na proba, pero o segundo rego foi aproveitado pola Mar do Con para situarse na primeira posición con cinco segundos de renda. Non obstante, a vitoria estaba lonxe de estar asegurada porque dende a parte exterior do campo de regatas e cun vento que ía a menos, buscou a vitoria Cabo da Cruz. Na terceira virada, a distancia era de dous segundos e os metros finais foron unha agonía. Meteu todo o posible Tirán para aguantarse por diante do seu opoñente e, seguramente, ata empurrou un pouco o propio espírito de Ruly para deixar a vitoria en Moaña. Un triunfo con emoción e emotivo.
Por detrás, a máis de vintecinco segundos, –é dicir, un mundo–, Samertolameu gañou a loita con Ares, Mecos e Bueu. Deste xeito, o barco de Dani Pérez parece que ofrecerá loita durante todo o verán, a pesar dos cambios. 
En mulleres, a traiñeira conformada por Mecos e o club vigués de Coruxo asinou unha vitoria extraordinariamente contundente por diante de Cabo da Cruz e Tirán Pereira. A distancia foi de tal tamaño que todo indica que a tempada de traiñeiras terá pouca emoción. En todo caso, a de onte foi o primeiro test antes do inicio da Liga Galega, que será o vindeiro sábado en Sanxenxo. 
Ademais, a organización tamén optou por incluir a categoría de veteranos, na que Chapela e Samertolameu viviron a súa loita particular do que vai de ano. Nesta ocasión, a vitoria foi para o club do concello de Redondela por trinta centésimas sobre Samertolameu. Muros rematou na terceira posición.n

Te puede interesar