Atlántico

DESAFÍO ISLAS CÍES

Cuarta vitoria de Dios e primeira de Carrasco

O triatleta rebaixa nun minuto o seu récord da proba e a extremeña estrea o seu palmarés na súa segunda aparición no Vao nun ano con 344 deportistas na meta 
Os participantes corren pola area do Vao para entrar na agua á primeira hora. A cita cumpriu o horario previsto                                         e careceu de incidencias.
Os participantes corren pola area do Vao para entrar na agua á primeira hora. A cita cumpriu o horario previsto e careceu de incidencias.
Cuarta vitoria de Dios e primeira de Carrasco

A vida segue igual no Vao, pero soamente na categoría masculina. Na feminina mantéñense os trocos ano a ano e María Remedios Carrasco estreouse no palmarés da proba mentres que Cristóbal Dios acudiu á súa habitual cita coa primeira posición e tamén o fixo con récord da proba, tras rebaixar en 55 segundos o rexistro obtido no 2018. 

No referente ó contexto, o día foi fermoso no Vao, con nubes ó comezo da proba que foron marchando co paso das horas. Apareceu o sol e, pouco despois, o vento costeiro que maltratou ós participantes no sector ciclista, no que golpeaba na faciana dos corredores no treito cara a Ramallosa e, na volta en dirección Coruxo, axudaba. 
Precisamente, foi enriba do vehículo de dúas rodas onde o baixo pero eficaz Cristóbal Dios cimentou gran parte da súa vitoria. Como é habitual polas súas características, saiu do sector de natación lonxe da cabeza, a máis de dous minutos de Francisco Perales, un claro candidato a vitoria e amigo do estradense. Non obstante, no terreo chá sobre a bicicleta aproveitou que no Desafío Illas Cíes non se pode ir a roda para meter o seu ritmo e superar un a un a todos os seus predecesores. Polo quilómetro 23 do treito ciclista, era Perales o que conservaba a primeira posición, pero Dios xa estaba a corenta segundos. Na seguinte referencia, o da Estrada encabezaba a proba cun minuto de renda e a diferenza non deixou de incrementarse ata o final do segmento. Na transición, Dios tiña unha renda ó seu favor de catro minutos que debería administrar e evitar un desfalecemento para subir ó alto do podio.

O gañador da proba, a diferencia de ocasións anteriores, tiña a inquedanza de que chegou a edición do presente ano con dúbidas na carreira a pé porque atravesou unha lesión nos últimos tres meses e soamente adestrou este sector con sesións breves nas últimas semanas. Era pouca carga, pero o seu corpo respondeu ben na media maratón con tres voltas ó trazado entre O Vao e a zona de Samil. 

Dentro da fase definitiva, as distancias mantivéronse sen grandes modificacións. Incluso Cristóbal Dios aumentou algo a súa renda para asegurar a vitoria. O gañador gozou nos últimos metros do triunfo e entrou a modiño, pero aínda así superou o seu propio récord da proba. Toda unha fazaña para un deportista que loita por facerse un oco no profesionalismo mentres completa a súa formación. 
Na categoría feminina, Isabel Pariente ía camiño de revalidar a vitoria do pasado ano, pero no treito ciclista tivo que retirarse por enfermidade. Unha circunstancia que deixou aberta a proba e aproveitáronna María Remedios Carrasco e Andrea Iglesias. A súa loita foi especialmente fermosa na media maratón porque Carrasco saiu por diante pero antes do ecuador da competición, a triatleta de Gondomar, animada por correr na casa, alcanzou á súa rival. Foi unha temeridade porque careceu de capacidade para soster o ritmo. Nos últimos quilómetros, Carrasco non tivo oposición e marchou cara a vitoria mentres que Andrea Iglesias, que facía o seu debut nunha proba de distancia Medio Ironman, pedía calquera opción. 
Martina López, lonxe das precedesoras, completou o podio, pero cun tempo peor que Silvia García Lorenzo, que acadou a vitoria na proba popular para grupos de idade. En homes, o gañador nesta categoría foi Pedro Barreira. Entre as dúas categorías, un total de 344 tiatletas completaron a proba. Unha ano máis, a participación feminina foi escasa porque remataron a competición 22 deportistas.
O evento tamén serviu de Campionato Galego con título autonómico para Dios e Andrea Iglesias. 

Carreira popular 
Ademais do triatlón, o evento albergou unha carreira popular de 7 quilómetros que correspondía a unha volta polo trazado de carreira a pé da cita de tres modalidades. Nesta proba, a vitoria en homes foi para Daniel Vila, mentres que Marta Castroviejo foi a muller máis rápida. Esta proba a completaron un total de 99 corredores, para elevar a 443 o total de participantes que atravesaron a liña de meta durante toda a xornada no Desafío Islas Cíes.n