atletismo c.p. popular baiona

Correr e tamén andar

As rúas de Baiona acollerán hoxe a súa carreira popular con case 1.500 atletas.
photo_camera As rúas de Baiona acollerán hoxe a súa carreira popular con case 1.500 atletas.
Baiona acolle a súa tradicional carreira marcada polo duro comezo
Unha carreira popular de tradición, que chega á trixésimo quinta edición. Polo tanto, nada moito antes da actual moda do 'running' da última década. E tamén peculiar polo seu duro trazado, que nin por asomo permite ós participantes correr pendentes do reloxo para batir a marca persoal sobre 10.000 metros e compartila no grupo de Whatsapp ou no perfil do Facebook. A pesar desta combinación de elementos contra a modernidade do atletismo popular, a cita mantén un notable tirón e conta con 962 inscritos na competición de adultos e medio milleiro máis ó sumar as categorías inferiores. 
A cita para os adultos ten o inicio previsto ás 11:00 horas e, como é habitual, será polo seu percorrido habitual cuns primeiros catro quilómetros especialmente duros. Tras a saída á beira do mar, os atletas afrontarán a primeira subida polo centro da localidade con baixada polo casco antigo e, a continuación, o ascenso ata o cruce de Baredo con treitos por camiños veciñais, que superan o 10% de desnivel. Unha zona onde o sobrenome do evento Andar e Correr toma o seu gran significado porque moitos dos participantes xa teñen bastante con superar as costas como camiñantes. 
Despois chegará a tendencia favorable ata Baredo, o descenso cara o cruce do Restaurante Rocamar e os 2.000 metros finais ó borde do mar de regreso ó parque da Palma. Unha zona sempre dura porque os participantes xa chegan cansos a este treito. Ademáis, hai que engadir que a previsión do tempo fala de que o vento será de Norte, polo que golpeará na cara os corredores. 
No tocante á participación, non acuden á cita os gañadores do ano pasado, Leticia Fernández e Ryan Waddington, polo que o prognóstico é aberto, con o local Antonio Liébanas e Alejandro González Costas como favoritos en homes. Elena Costas, Mónica Novoa e Rosa Oliveira teñen os dorsais baixos en mulleres.
Antes dos adultos, as inmediacións do parque da Palma acollerán as probas para os cativos, con ata oito carreiras diferentes dende a idade chupete, que realizarán 80 metros, ata os alevíns, que terán que cubrir 1.500. 
Deste xeito, está garantido que se poida vivir un ambiente de atletismo en familia en Baiona e cun ollo posto no ceo porque a previsión fala de choiva durante a madrugada, que se pode extender ás primeiras horas da día. De ser así, os corredores terán de invitado especial o líquido elemento en pleno mes de agosto.n

Te puede interesar