SERGIO ÁLVAREZ. Portero del Celta

"Agora xa sabemos que cos nomes non chega"

Sergio Álvarez, tras el entrenamiento de ayer en A Madroa.
photo_camera Sergio Álvarez, tras el entrenamiento de ayer en A Madroa.

El portero del Celta cree que "nos faltó saber competir y saber que en Primera no es suficiente con nombres; en los últimos partidos hay sensación de estar implicados"

 

Cando estás tras do Celta, convén de cando en vez falar con Sergio Álvarez (Catoira, 3 de agosto de 1986). É terapéutico. O porteiro, sexa protagonista principal ou secundario, outórgalle unha dose de realidade ó fútbol que bótase en falta. Co mesmo respeto de sempre e a sabiduría que lle van dando os anos, fala dos erros pensando sempre nas solucións. Un exercicio para o lector: conte as veces que di equipo nas seguintes liñas.

Unha recuperación milagrosa ...
Non. Si que é certo que adiantei un pouco os prazos que estaban previstos pero o doutor, cando fixo a operación, xa mirou que era menos do agardado. El está moi afeito a este tipo de intervencións, a fixo de luxo e feliz de poder recuperarme o antes posible.

¿Influiu tamén a base física?
Sempre axuda ter un bo traballo anterior para recuperar mellor. 

A súa recuperación axudou a evitar dúbidas na portería.
O clube xa leva demostrando moitos anos que ten plena confianza nos porteiros da casa. Niso nunca hai dúbidas e o clube amosou unha vez máis esa confianza en nós.

¿Como se vive este mes, con chegadas de novos compañeiros e saídas doutros?
É un pouco raro. Hai xente que vén e que hai que recibir o mellor posible. Porque teñen pouco tempo para adaptarse e é clave axudalos entre todos para que nos axuden. Tamén é raro que a metade de tempada xente coa que compartiches moitos momentos se vaia a outros equipos a buscar novos retos. Sempre se fai un pouco duro.

Cando as cousas van mal, coma agora, ¿ata é bo ese movemento, esa sensación de reinicio?
Quizáis si para cambiar dinámicas. A xente que chega nova non vén con esa mala dinámica na que ti estás. Dante outros puntos de vista e te axudan a ver cousas que ti desde dentro non valorabas. Se veñen con ganas de estar implicados, si poden axudarte. Ademáis de na parte futbolística, na mental.

Falou o adestrador nas últimas semanas de certa falta de liderazgo no equipo.
Eu creo que o liderazgo é cousa de todos. Todos temos que por unha parte dese liderazgo e todo funcionará mellor. O mellor é cando un equipo ten moitos líderes. Este é un traballo de equipo e é fundamental que entre todos lideremos este proxecto. Non ten que haber ninguén por riba de ninguén, senón cada un sacar a súa parte de liderazgo.

Igual se confunde o que máis berra co que máis lidera.
Claro. O liderazgo implica moitas cousas. Como afrontar os partidos e o día a día, como estar cos compañeiros... Son moitas cousas. Somos diferentes e cada un ten a súa parte forte, que ten que sacar para inculcala ó compañeiro. Cada un ten a súa parte do liderazgo compartido.

¿Estalle tocando máis esta tempada ese papel de facer grupo desde o banquillo?
Intento axudar desde onde poda. Adestrando, nos partidos se me toca xogar, desde o banquillo... O fútbol é un deporte de equipo e se non estamos xuntos e non cremos nun proxecto, non funcionará. É clave que os que xoguen estén atinados e os que non, apreten cada día.

Parece que o cambio de adestrador non serviu aínda de revulsivo, que fai falta algo máis.
Non en canto a resultados pero, en canto a xogo e o que o equipo transmite, si que hai diferencias. Nestes últimos partidos (Levante, Mallorca, Osasuna...) hai sensacións encontradas. Ultimamente os pequenos erros que temos, que son graves e hai que correxilos, estannos penalizando moito. Sabemos que na situación na que estamos, todos os erros que teñas te van penalizar. Pero o equipo si que ten unha mellora e estase consolidando pouco a pouco. Temos que seguir esta xeira, ir a Bilbao e manternos invictos este ano.
 

Bilbao, Eibar, Sevilla, Valencia... Parece que agora calquera rival é moito máis grande.
Si pero temos que centrarnos en ir pasiño a pasiño. Este equipo pode gañar a calquera rival e calquera te pode gañar, máis na situación na que estás. Temos que ir a Bilbao a gañar e non pensando que se perdes tes o próximo partido na casa. Tes que ir a seguir na liña ascendente na que creo que estamos.

Coa súa experiencia, ¿estas tendencias negativas como a actual, que exténdese máis alá dunha tempada, teñen un momento de nacemento no que se perde o pulo anterior?
É difícil. Si que sería cuestión de mirar porque cando estás aí é por méritos propios. É fundamental a autocrítica, saber que estás cometendo erros e intentar cambialo. Se non somos autocríticos cada un, sería un erro. Pero non todo se está facendo mal e hai cousas boas que che axudarán a saír. E tamén hai que vivir o presente, porque é o que che vai sacar desa situación. Noso presente é o partido de Bilbao. E, cando acabe a tempada, ver entre todos que pasou e por que nestas últimas campañas hai tantos cambios de adestradores, que non é bo e non axuda.

No verán parecía que se fichara moi bien, con xente comprometida, pero iso non se mira nos resultados.
Fichamos grandes xogadores pero este é un deporte de equipo. O importante é que eses xogadores constrúan un equipo competitivo, que ata agora faltounos saber competir e saber que en Primeira non abonda con chegar alí cos nomes e pensar que vas a gañar. Saber competir, ser un equipo, sufrir... Nos está faltando iso. Eu creo que agora o equipo deu un cambio, non sei se radical. Nos últimos partidos, deu sensación de competir, de estar implicado. Ó principio de tempada faltounos competir e saber que Primeira é unha liga durísima e que hai que traballar cada partido moito para poder gañar.
 

Tema persoal. Remata contrato en xuño e, doutra vez, o runrún de 'parece que é o último ano de Sergio no Celta'. ¿Como o leva?
Algún ano terá que ser o último, hai que ser realista. E eu espero que non sexa este, tamén hai que decilo. De momento, con calma. Vou esperar a que pase este mes, que sempre é un pouco tolo co mercado e no clube están traballando moito, e, a partir de aí, coma persoa do club que leva moitos anos aquí, irei a falar tranquilamente con eles para que me digan que queren facer. E logo, empezar a mover ficha, tanto se quedo coma se teño que buscar un novo destiño. Obviamente, a miña primeira idea é quedar aquí.

Porque é moi novo aínda para pensar na retirada.
Por suposto. Non pasa pola miña cabeza. Espero que a miña carreira aínda dure moitos anos máis. Nunca sabes pero se meu corpo aguanta, intentarei xogar moitos anos porque é o que máis me gusta facer e sei que cando o deixe non voltará.

Se ten que saír, ¿pensa nunha experiencia fóra ou en quedar na Liga?
Non sei. Habería que valoralo. Se me din que non van contar comigo, que ó final o fútbol é un traballo e estes  van e veñen, empezaría a valorar o mercado. Miña idea é seguir aquí en España, porque gústame moito esta liga. E se non, mirar outros mercados porque son experiencias futbolísticas e persoais que tamén estaría encantado de vivir, xa que son unha persoa á que lle gusta aprender doutras culturas.

Nese sentido, ¿algunha vez tivo envexa de compañeiros coma Toni ou Túñez, que fixeron carreira noutras ligas?
Teño moi boa relación con eles, sobre todo con Toni. Sempre me conta das súas experiencias e hainas boas, pero non todas son magníficas. Unhas son boas, outras non as volverías repetir... Falas con eles e che sirve, e aprendes. E si que me gustaría, pero por outra banda son unha persoa moi aferrada á miña familia e me costaría dar ese paso. Pero sei que son poucos anos e non tería problema.

Falando de fútbol e tirando dunha carreira coma a súa, que xa vai para longa. ¿Como cambiou o fútbol neste tempo?
Cambiou moito. A nivel físico, de preparación, o nivel profesional dos xogadores, que todo está moi igualado... Antes, un xogador con calidade podería xogar; agora, un con calidade que non estea preparado non pode xogar. No estudo dos equipos rivais, a tecnoloxía meteuse de cheo neste últimos dez anos, nos últimos cinco de forma brutal. Todo o mundo sabe como vai xogar o rival. Antes non había todas esas cámaras nos partidos. O fútbol evolucionou moitísimo e creo que o seguirá facendo hacia ser máis profesional e hacia traballos máis individualizados para cada xogador.

¿E pérderse maxia?
A maxia a poñen os xogadores que a teñen que poñer. Quizais antes era máis ó que poda pasar e agora, o xogador fantasía que che pode decidir un partido. Sempre e cando esteas igual de preparado que o equipo rival. Esa maxia non se vai perder.

E nos porteiros, tamén variouse moitísimo. Ese perfil agora de que se non mides dous metros non serves...
O concepto de porteiro antes era que parase e pouco máis. Agora ten que saber ler o partido, xogar cos pés, estar concentrado, xogar coas liñas, case medir tres metros... Eu non son dese tipo: altos, estilizados, todos guapos... Para min o importante é que o porteiro pare e saiba estar concentrado no xogo. O físico para min non é fundamental. Fíxome máis no que inflúe no xogo do equipo.

Esa evolución veulle ben, porque vostede gusta de ter control do partido e non so da portería.
Me sinto moi cómodo. Non son un virtuoso pero me gusta xogar co pe, darlle continuidade ó xogo, estar metido no partido, cerca dos compañeiros... Si que me favoreceu.

Te puede interesar