vigo

Os nenos vigueses tamén cantan e contan en galego

Os alumnos de Carrasqueira entregaron o libro “Cidade dos nenos” ao alcalde Abel Caballero.
photo_camera Os alumnos de Carrasqueira entregaron o libro “Cidade dos nenos” ao alcalde Abel Caballero.

Castrelos acolleu onte a última quedada literaria do curso con alumnos de seis centros

Dende a poesía inspirada nas cores, recitada polos cativos de catro anos do Pombal ata os versos, escritos polo alumnado de secundaria do instituto O Castro, onte quedou claro que os rapaces vigueses tamén cantan e contan en galego. Na que foi a última quedada literaria do curso, 300 alumnos de O Pombal, a Carrasqueira, O Castro, Emilia Pardo Bazán (o Chouzo), Frian e Ría de Vigo homenaxearon á lingua de Rosalía. 
Á sombra dos eucaliptos centenarios, as poetas noveles, Alba Freire, Andrea, Sabela Villar, Lucía, Martina Mogliani e Marta González recitaron as súas composicións “Inverno”, “O Ceo”, “As augas do Muíño”, “Primavera”, “Podes” e “Non quero”. Tamén lembráronse a escritores actuais co escolla da súa obra polos máis pequenos. Así, os nenos do Pombal cantaron as rimas de “O meu gato é un poeta”, de Fran Alonso; os da Carrasqueira optaron pola cantiga “Quen panda”; Antonio Teijeiro e o seu poema “Do, re, mi” foron os elexidos polos chicos do Chouzo; os rapaces de Frian preferiron as letras máis movidas de Mamá Cabra e a súa cantiga “O pirata Metepata”. Finalmente, Ría de Vigo presentou a proposta más clásica: os cativos recitaron “Adiós ríos, adiós fontes”, de Rosalía; mentres os de sexto decantáronse por un episodio mitolóxico coa composición “O rapto de Europa”.
Por primeira vez nas quedadas literarias sumouse a biblioteca Xosé Neira Vilas, que pechou as actuacións con Roque, o personaxe de Boabab Teatro.
No medio da xornada recibiron a visita de Abel Caballero. O alcalde felicitounos polo uso do galego “en circunstancias cotiás” e animounos a participar nunha gran quedada en galego “que encha o espazo máis grande que temos, Balaídos”. O rexedor asegurou que o ano que ven as Quedadas Literarias, organizadas polo Servizo Municipal de Normalización Lingüística, sumará 600 participantes e para 2017, 900.
Despois de pasar toda a mañá nos xardíns históricos de Castrelos, combinando a lectura co disfrute da Natureza, os seis centros escolares despedíronse cantando en conxunto “O libro máxico”, de Migallas.

20150528174621147201505281745378242015052817442783520150528174245041

Te puede interesar