FRAN NÚÑEZ Novo director do Centro Dramático Galego

“Galicia ten que ser o punto de encontro entre américa e Europa, está no centro teatral”

Fran Núñez cumplíu os primeiros días ao fronte do CDG.
photo_camera Fran Núñez cumplíu os primeiros días ao fronte do CDG.
 Á volta do parón navideño, a Asociación Galega de Industrias Culturais (Agadic) anunciou ao vigués Fran Núñez  como novo director do Centro Dramático Galego (CDG), quen tamén coordina o Salón Teatro. A súa candidatura foi a que maior puntuación obtivo nas tres fases do proceso selectivo. Xa instalado no seu despacho, recoñece en declaracións a Atlántico, afrontar esta nova etapa da súa vida “con ilusión e disfrutando moito da experiencia”.

Era como esperaba ou se ten atopado con algunha sorpresa?
Cada día descubro cousas novas, como en todo proxecto teatral. Estoy moi contento e con ánimo para enfrontar estos primeiros días no CDG.
Que lle levou a postularse para a dirección do Centro Dramático Galego?
Realmente creo na importancia do teatro público e do Centro Dramático como institución. Colaborei dende fóra (coas coproduccións 'Os catro da Xunqueira', 2009; 'Pangeia', 2014 e 'Se fosen turistas, levarían lentes de sol', 2019) e apetecíame facelo tamén dende dentro. Atópome nun momento profesional e artístico que podo resultar interesante.
Que lle ofrece o seu currículum ao Centro Dramático?
Unha visión mixta da parte artística como director e unha xestión económica a partir da miña formación.
En que diferencia unha compañía pública das privadas?
A principal diferencia está no interese, mentres nas privadas as accións están dirixidas a satisfacer os intereses particulares tanto artísticos como económicos, unha pública ten outros obxectivos dirixidos á comunidade para achegar o proxecto á sociedade, á marxe do parte económica.
A xestión do CDG estivo envolta en polémicas e debate. En que momento accede á dirección?
O CDG estivo, está e estará no centro do discurso da profesión. Esa presenza amosa a importancia que ten no sector. Hai que continuar no esforzo para ser un servizo público.
Que medidas van caracterizar a súa etapa ao fronte do Centro Dramático Galego?
O traballo pola dramaturxia galega e a creación galega, así como a súa internacionalización. Hai que  reforzar Galicia como punto de encontro entre América e Europa. Estamos no centro dende o punto de vista teatral. Tamén temos que colocar como elemento principal ao espectador. Xa iniciamos unha rolda de contacto coas salas escénicas, xa que elas son a principal ponte cara ao público. 
Baixo a súa coordinación está tamén un espazo, o Salón Teatro. Manteranse colaboracións con compañías privadas?
O Salón Teatro é onde estrea o Centro Dramático Galego, para despois saír de xira. Pero amais hai coproduccións con compañías privadas, residencias e haberá tamén outro tipo de relacións, xa que é moi positiva a colaboración entre o público e o privado. No diálogo enténdese o bo teatro.
No apoio ao teatro galego primarán os clásicos ou os dramaturgos contemporáneos?
Queremos recuperar os autores do patrimonio e prestarlles especial atención, pero tamén aos proxectos contemporáneos.
Cal vai ser a relación do Centro Dramático coa Escola Superior de Arte Dramática?
Estamos traballando coa Escola. Xa existía unha colaboración como o Proxecto Nós que recuperaremos. Sempre estamos abertos a traballar. O Centro Dramático é o punto de encontro entre a formación e os espazos de exhibición.

Te puede interesar