Cultura

‘Caramonia’, o conto a oito mans onde o lector escolle o final

Cultura

VIGO

‘Caramonia’, o conto a oito mans onde o lector escolle o final

Carmela Silva presentou “Caramonia” por videoconferencia.
photo_cameraCarmela Silva presentou “Caramonia” por videoconferencia.
 Ledicia Costas, María Lado, Daniel Landesa e Miguel López, ‘el hematocrítico’ participan nunha proposta literaria que fai uso das novas tecnoloxías para dar voz aos lectores.
   “Caramonia” é un proxecto interactivo que comeza o luns coa primeira entrega. Serán catro capítulos á semana durante seis semanas, escritos coa alternancia dos catro autores a oito mans. As narracións fararnse subiranse ao perfil de Instagram, onde os lectores, rapaces a partir de dez anos, poderán votar a partir da segunda semana a viraxe que máis lles guste para a historia. 
   Ledicia Costas clasificou o proxecto como  “un xogo e unha aventura marabillosa” e valorou a participación do público “porque é unha novela que se vai desenvolver sobre a marcha, os lectores van tomar decisións transcendentais que afectan á trama e á nós para ir artellándoa”. María Lado e Miguel López explicaron que a idea xurdiu da propia situación de confinamento dos creadores nesta crise sanitaria, “onde nos vimos parados, porque todas aquelas axendas quedaron detidas”. Lado recoñece que coa proposta, “conseguimos reinventarnos, porque todas as persoas da cultura tivemos que facelo, e estamos contentas de atopar este sitio”.
    Miguel López, pola súa banda, destacou a “flexibilidade” do proxecto e o uso das redes sociais para que a rapazada “poida ter nas súas casas acceso inmediato á historia e poidan meter as mans en profundidade na historia e influír nela”. “É complexo encaixar toda esta escrita en común, engadíu Daniel Landesa_ usando unicamente os medios telemáticos”.
O conto “Caramonia” a oito mans conta co apoio da Deputación de Pontevedra. A súa presidenta, Carmela Silva recoñeceu que lle emociona o proxecto e indicou que estudiarán o xeito de pasalo a analóxico unha vez finalizado o proxecto: “É un novo proxecto cultural para transformar a sociedade, dende as adminitracións temos a obriga de apoiar a Cultura e aos creadores como un instrumento fundamental tralo confinamento”.