Querido 2014

Onte, un amigo, nun xesto moi descritivo e sincero, díxome o que deberiamos facer co ano que remata: mirar para atrás e facerlle un contundente corte de mangas.
Querido, desexado, e non sei se anhelado 2014, agardo que contigo no momento de despedirte non teñamos que facer o mesmo. Agora ben, se hai motivos, que tristemente os haberá, que menos pola nosa parte que desafogarnos. Só me atrevo a pedirche, incluso a rogarche, unha cousa. Só unha. Unha cousiña de nada. Gustaríame que nas vindeiras eleccións foramos nós quen puidésemos introducir as papeleteas directamente nas urnas, e que a regaña non a tivesen por diante, senón por detrás, para que ao metelas, os interesados descubriran outras e novas sensacións. Que nunca está de máis. Aínda que isto, aos politicamente correctos, lles soe a repelente. E aínda que os interesados de agora, que pacen do mesmo pasto que os daquela, veñan falando da imposibilidade de tempos pretéritos. Creo que non é moito pedir. Non si? Austeridade. Din. Dinnos. A ver enton!!

Te puede interesar
Más en Cartas al director