historias de vigo

Vivía no noveno. Traballaba na portería. De noite baixaba, metódico, o lixo de cada planta no ascensor ata o garaxe. Segregaba o papel para a venda cando ninguén tivera escoitado que cousa era a reciclaxe.
As veces, descendía por unha escada gris metálica ainda máis abaixo do propio garaxe. Ás profundidades do soto da sala de caldeiras. Baixaba ó reino da escuridade misturado con gases descoñecidos e temperaturas máis aló do tropical. Tiven a oportunidade de visitar aquel habitáculo enchido de depósitos metálicos e moreas de tuberías. Non lembro ben as cores alí. Quizáis unha tintura de minio aquí e acolá. Recordo ben a fauna. A dificultade respiratoria reinante nas caldeiras era similar á existente na atmósfera do planeta Marte. De

certo a Nasa andivo interesada. De seguro había empresas de manteñemento especializadas pero non lembro a cara de ningún técnico.

As averías sempre chegaban de noite, no medio dunha ponte festiva.

Sempre á traición...

Anibal podía permanecer na sala de máquinas, tres, catro e ata cinco horas. Finalmente, ascendía da penumbra triunfante por ter sido quen de arranxar de novo aquela Moby Dick metálica. Amañar a sala de máquinas de Colón 18 era a antesala de ser nominado para os Oscars coma mellor papel de acción. Cicáis por ter vido dunha guerra, a súa xeración confiaba os riscos laboráis na experiencia propia. Antes de Moby dick, Anibal xa tiña sorteado un tanque e un tren calcinado. Chegou a Vigo para cando o Rubira era xa unha pantasma. Gustaballe moito o antigo e as labouras que requerían unha certa dose de pacenza. Con xente coma el aquel edificio xa estaría reconstruido. Certo é que unha cidade da para moitas persoaxes.

Te puede interesar
Más en Cartas al director