Cartas al director

a conciencia tranquila

Cartas al director

a conciencia tranquila

Fai bastantes anos o árbitro de Primeira División de fútbol, Andújar Oliver, normalmente bo colexiado, de tarde en tarde armaba uns barullos de moito coidado nos campos de xogo.
Cando posteriormente o levaban ó programa detelevisión 'Estudio estadio', el sempre remataba as súas alegacións dicindo que tiña a concencia tranquila. Eu daquela botaba en falta un bo periodista que lle respostase que coa concencia tranquila non se arbitra ben, que para facelo cómpre coñecemento e bo ollo. Doutra maneira, o máis sensato sería entregarlle o silbato a unha monxiña da caridade, canto máis vella e chosca mellor.

Agora que no territorio español xurden, como cogordos no outono, unha chea de políticos corruptos, a maioría deles confesan tamén que teñen a concencia moi tranquila, non decatándose de que á cidadanía lle importa un rábano tal cousa, e que a indignación radica en que faltan cartos nalgunhas contas e sobran noutras.

Más en Cartas al director

Cartas al director

época de mentira

Hay algunos fenómenos muy curiosos como el del mentiroso que acaba creyéndose sus propias mentiras. Algunos políticos se tienen bien ganado el…
Comentarios