O circo ou acalarando que é xerundio

En relación á entrevista publicada no Faro de Vigo o pasado 5 de xaneiro, don Manuel García Arauxo, nunha entrevista 'constructiva', fai un relato das súas vivencias coma trapecista de Circo.
Lamento, como vostede, que neste mundo non se teña un maior recoñecemento a ese grande espectáculo, pasmo de nenos e maiores; pero, nas súas declaracións, totalmente trabucadas, rexeito o cúmulo de disparates que dí.

Para ter a seguridade do que digo, consultei co meu curmán Manolo Rego, mási enterado ca min nestas lides, confirma o que eu sabía e engade máis datos.

Principio. O retrato que aparece no artigo no é o do Circo Américano como di o seu pe, é do Gran Circo Feijoo, ano 1929. A andaina do Circo Americano principiou na década dos 50, e nestes anos o Circo Feijoo competía con el.

Arturo Castilla (componente do grupo Hermanos CAPE) casou con 'Merche' Sánchez, irmán de Pilar Sánchez, está casada con Manuel Feijoo, e foi este Sr. quen lle deu os cartos e máis o aval para principiar a súa andaina no Circo Americano (anos 50, finaliza o século XX e xa non esistían ningún dos dous circos, vexa que isto non é o que vostede di.

E como que o que non valía estaba no Circo Americano? Montadores, músicos, electricistas, etc. que seguiron no Circo Feijoo, ¿non valían? Músicos, Manuel, Juan e Eduardo Rego, Esteban, Director da Orquesta e saxofonista, electricistas como Antonio 'O Vigués', Gustavo R. Álvarez, montadores, David, Fermín, mozos de pista e outros moitos máis ¿non valían?, meu tío Gustavo Rego, anos representante do Circo, persoa dos pes á cabeza, recto, traballador e man dereita de Manuel Feijoo... ¿non valían?.

Francisca Salas, 'Doña Paca', era unha amazona andaluza nada en jaen, casou con Secundino Feijoo Méndez, madriña de Pila xunto co seu fillo Manuel do meu curmán antes citado, non era de procedencia xitana (un disparate).

En canto o (Padre Silva) Xesús Silva Méndez, súa nai, dona María, belísima persoa por certo, cando finou o seu marido, principiou a se tratar cos Feijoo, e con ela o seu fillo Suso, a súa primeira misa non foi no Circo, ao qu ese incorporou no ano 57 andando naquela tempada como Capellán.

E erro sobre erro, o Padre Silva non tivo coma Bisavó a Manuel Feijoo, o Silva procedía dos Méndez de Vilanova dos Infantes, polo que D. Manuel non foi o seu Bisavó.

E remato dicindo que non pretendo facer polémica, non é o meu estilo, pero penso que poñendo as cousas no seu sitio, dicía outro meu curmán, 'campan moito máis'.

Te puede interesar
Más en Cartas al director