Opinión

Apuntes para historia: Peinador

Naturalmente estou a me referir ao nome co que tamén se coñece o aeroporto de Vigo: Peinador, cuxa denominación moita xente de boa fe cre que é o nome de lugar onde en parte foi construída a primeira pista de aterraxe/despegue alá na parroquia de Torroso, adscrita ao Concello de Mos. Era unha soa pista, que un saiba e, xa en parte, as necesidades propias do aeródromo, se vostedes permiten o sinónimo, acadaron terras doutros concellos limítrofes: Redondela e Vigo. A forma peinador non aparece por ningures na toponimia galega; é máis: non existe tal acepción, que en calquera caso –posíbel- sería vg peiteador>peinador (de peite=peine). O nome, en ningún caso en cuestión, e aceptado así por todos, foi medrando sobre calquera outro disparate, de maneira que para alá das crenzas populares ad hoc, en moitos textos aos que calquera persoa pode acceder, salientan “sabiamente” que “la forma antigua Peinador recibe la denominación porque el aeropuerto en su momento se construyó junto al barrio del mismo nombre”. Non había alí tal alfoz ou arrabalde, senón predios que no seu día adquirira a familia Peinador, fundadora do comercio das augas e posterior balneario en Mondariz; e un non dubida que xa o primeiro da xinea: Enrique Peinador Vela, ao que sucedeu na dirección do negocio que aínda hoxe resiste, o seu fillo Peinador Lines, e hai que advertir que a empresa actual non ten ningún vencello coa antiga e posíbel descendencia fundacional, e mesmo existirá a forma peinador recollida xa en calquera rexistro civil dos Xulgados galegos. E antes de que se me esqueza, cal contrario e non antónimo, quero recordar aquí a Narciso Peinado, promotor do celebramento do bimilenario de Lucus Augusti, Lugo.

Proseguindo con estes apuntes de verán, non está de máis lembrar, que houbo un tempo da vida na que os tranvías que naceran en Vigo e extenderan os seus carriles ata os concellos de Porriño, Nigrán, Gondomar e Baiona, cavilaron os seus propietarios en proxectar e logo facer realidade un ferrocarril eléctrico a Mondariz, cuxo camiño máis doado era o de pasar por Mos, e máis en concreto pola parroquia de Torroso, onde xa se dispuña unha estación do eléctrico. Loxicamente, os Peinador, non eran alleos a este proxecto que non chegou callar, aínda que o camiño xa estaba preparado, e aínda hoxe podemos albiscar restos da caixa por onde ía descorrer o ferrocarril.

De tal ghisa precedente resulta doada a dedución: Que a familia Peinador, antes e despois do coñecemento da vía de comunicación prevista, mercara en Torroso os terreos que deron lugar ao “tóponimo” que non é tal, senón dun possessor moderno e ben documentado.

Non hai pois, Peinador “como forma antiga” na toponimia íntima, maior ou menor de Mos, e tal voz, non aparece como nome de lugar en Galicia. Outra cousa é que a xente, polas razóns que ninguén ignora, sabe de facto que tales predios pertencían á familia xi, cuestión pola que recibiron o nome, e non polo argumento lingüístico da incompetencia que ilustrou a tanto santo inocente e outros santiños como este San Roque que veñen uns e outras de celebrar en Vigo e tantos outros topónimos verdadeiros da nación galega, e aínda no lonxe de nós.

Pasaba o pobre can do coitadiño santo querido pola piedade aberta do pobo máis alá de calquera crenza. Laiábase polas codias de pan que o santo non lle botaba, e el non paraba de aghuadisar, coma é corrente nas dúas bandas da ría.

Te puede interesar