Opinión

¿Trascendencia das culturas?

A expresión 'cultura' é unha desas palabras casi máxicas que se utilizan abundantemente no noso tempo. Considérase un valor imprescindible. Preséntase coma un ben para todos. Proponse como meta para os nosos mellores esforzos. É un dereito humano universal.

Os deportes son cultura, os festivais folclóricos son cultura, os elementos do noso ocio son cultura; tamén as conferencias, os ciclos de estudio, as sesións de investigación, os congresos; e logo, as tradicións, costumes, hábitos de comportamento.

Eu considero que a cultura apórtanos unha determinada comprensión da existencia, un concreto sentido da vida. Por iso non se reduce á instrucción máis ou menos amplia, máis ou menos profunda. Paréceme que é máis correcto falar de culturas; incluso nos ámbitos reducidos do noso desenvolvemento persoal. Entendo, por exemplo, que a cultura galega actual exprésase e realízase de maneira plural: na pluralidade de grupos, de persoas, de situacións e de elementos.

¿Non é verdade que hai opinións moi diversas cando queremos concretar os elementos da propia cultura, os seus obxectivos, o seu alcance, a súa significación persoal e social, os seus contidos?

Seguramente coincidimos en que toda cultura ten sempre unha entraña humanitaria ou humanista e sirve para a realización integral das persoas. Pero posiblemente xa non estamos tan de acordo no contido mesmo da expresión 'humanitaria ou humanista'.

As diferencias cobran máis distancia se entramos en preguntas tales como a relación das culturas coa historia, co futuro ou coa relixión ¿Son as culturas productos de consumo? ¿Teñen as culturas unha referencia á trascendencia? ¿Como se relacionan, mesmo desde a perspectiva histórica, as culturas e o feito relixioso? ¿Son máis auténticas as culturas que prescinden ou marxinan a dimensión relixiosa da existencia humana?

Te puede interesar