Opinión

REMATA O CURSO

Remata o curso académico. Recolleita dispar. Nervios a repartir, e non chega o tempo a nada. Dar conta do que se fixo, que se fixo? Que supuxo este curso para a maduración persoal? Facémosnos tamén esta pregunta?


A universidade é un dos ámbitos máis evolucionados. Para ben? Os obxectivos están marcados pola productividade; definidos por intereses de proveito; condicionados por ideoloxías das autoridades; especialmente orientados a dimensións técnicas... Excesivamente apartados da realidade humana propiamente tal? Cales son os resultados?


Os universitarios son os dirixentes do futuro. Serán os responsables do proceso humano da sociedade. Influirán decisivamente na maneira de afrontarmos as dificultades e os retos que se nos han presentar. Deles dependerá basicamente a cultura do noso contorno. Como se están a preparar?


Os universitarios de hoxe dispoñen de moitos medios, ainda que sempre faltan, ainda que os recorten de máis; medios materiais e medios humanos. Danse inmensas posibilidades de relacións enriquecedoras. Poden disfrutar de incontables recursos científicos e técnicos. Posiblemente, por desgraza para todos, recórtanselle drasticamente dende instancias superiores extraacadémicas.


Non nos queda a nós máis ca contemplar impotentes a situación? Ou é que consideramos que este asunto non vai connosco? Os universitarios quéixanse, e nós queixámonos. Apreciamos todos de verdade a importancia trascendental deste proceso educativo superior?


Te puede interesar