Opinión

BIEITO XVI

Os medios de comunicación social estiveron estes días centrados en Roma: un acontecemento insólito, a renuncia de Bieito XVI. Nos días da sús elección adicáronlle numerosas informacións e multitude de opinións. Desde aquel periódico que presentaba a súa portada no día posterior á elección toda completamente negra e con unha soa frase: '¡meu Deus!'; pasando polos apoloxetas; e os que extremaron críticas acedas; e os que, declarándose non crentes, lle marcaban ao Sumo Pontífice o programa que debería realizar; e, claro está, os que presentaban unha visión serea, obxectiva, positiva... ¿Mero continuador de Xoán Paulo II? Non lles resultaba significativo que quixera chamarse Bieito e non Xoán Paulo.


Josph Ratzinger ten unha personalidade recia, unha preparación teolóxica amplia e contrastada, unha experiencia verdaderiramente rica en moitos aspectos. Pasou mais de vinte anos ocupando un posto de observación autenticamente privilexiada: a el confluían as diversas correntes de pensamento (teolóxico e non teolóxico), as situacións máis complexas (da Igrexa e do mundo), as noticias que se iban verificando en tódolos currunchos da terra... A súa misión (difícil e delicada) era analizar e valorar criticamente. Demostrou ser unha persoa dotada dunha capacidade extraordinaria de precisión, claridade e decisión. É incondicionalmente coherente coas súas conviccións Incuestionablemente, e insobornablemente, buscador da verdade. Minucioso nas súas análises e nas súas respostas. Afrontau de maneira resolutiva as cuestións e problemas que se lle presentaron (neste sentido non foi, ¡nin moito menos!, un Papa de transición)


A súa derradeira decisión é un xesto exemplar dunha coherencia suprema. El ben sabe que o ha xulgar a historia. Pero a súa sereante convicción profunda é que está nas mans de Deus que emitirá o xuizo final, que é o que a el lle interesa. Vaise a entregar a un servizo novo, para a Igrexa a para a Humanidade: unha palabra, seguro que vibrante, desde o silencio do seu retiro. Seuirá aportando a súa lúcida contribución á teoloxía, ao pensamento, á espiritualidade. ¿Respectaremos de verdade a súa derradeira decisión

Te puede interesar