Cartas al director

alcance da sentencia do tsx europeo. equiparación das indemnizacións

 Lendo no dia de hoxe algunhas das crónicas, artigos e titulares que reprodución os medios de comunicación sobre a sentencia do TJX da UE, que chegan a significar que producira unha revolución no mercado de traballo empecei a ler a sentencia e os informes cos allos como pratos. Efectivamente a sentenza vai corrixir unha gran inxustiza, e para o que poida permitirse reclamar, pois 8 días mais de salario que non e pouco. En calquera caso sorprendido pola grandilocuencia das opinións,  considerei oportuno compartir unha experiencia. 
Miren no ámbito do Convenio Colectivo do Metal de Pontevedra, colectivo que considero representativo tanto afecta a un de cada dez traballadores da provincia, lévese aplicando dende o ano 2000 a indemnización de 20 días aos contratos non indefinidos, a todos, como recolle o seu artigo 12º. A maiores para evitar a temida “renovación o finiquito” cobrámolo mensualmente. A nosa motivación naquel intre, non era so igualar, era encarecer a contratación eventual frete a indefinida, e  así na categoría mais baixa, a de  peón un  eventual cobra mensualmente 76,64 euros mais que un fixo na súa nómina. 
Despois de 16 anos e fortes intentos por eliminar este concepto (foi o cabalo de batalla na ultima negociación do ano 2015) podemos afirmar que nin este aspecto, nin as bonificacións a contratación indefinida, nin o contrato a empredendores, teñan sido eficaces contra a temporalidade. 
E certo que ten mellorado moito  o nivel mínimo de contratación indefinida que nalgún sector a través da mobilización e denuncias na inspección de traballo,  conseguíronse centos de transformación a contratos indefinidos sobre todo no período 2006-2008.
A pregunta de por que as empresas non teñen mais fixos, ou mellor dito; por que no son fixos aqueles traballadores que cubran postos de traballo estables nas empresas, non lle vamos a atopar unha motivación no custe do despido nin no do finiquito. Si sumamos o plus de eventualidade e as posibles bonificacións a contratación indefinida pode representar 400 euros ao mes mais “caro” un eventual ca un fixo, entón. ¿ Por que non nos contratan Indefinidos? Os traballadores e os empresarios xa coñecen a resposta, pero efectivamente parece haber quen descoñece esa realidade, podía aproveitar para contala, pero  o certo é que mellor  llo pregunten a  eles. Eventuais ai a montes, empresarios que abusan da temporalidade tamén, eviten aos cínicos, ou a aqueles que so saben construír opinión lendo o periódico, ou como lles chamaba  meu avó o mentireiro.