Cartas al director

Ébole

Ébole. Hemisferio sur. Pouca información. Serra Leona ¿quén sabe? Diamantes de extraperlo, perlas ensangrentadas.
Madrid. Unha enfermeira fica contaxiada en acto de servizo. Estigmatizámola. Estigmatizamos á suá familia, ós seus compañeiros, ó conductor da ambulancia, á súa veciñanza. Matamos ó seu can.
Becerreá. ¿quén coñece? Movementos sísmicos de baixa intensidade. As cámaras non deixan en paz a unha señora que escapa co carro da compra. Desinfectamos o polígono de Alcorcón. Os veciños fuxen. Que ninguén saiba, que ninguén coñeza...que nos botan a rúa. As olladas contaxian.
Ébola. 38 Brotes en África dende o 76. Investigación moi pouca. Financiación excasa. Mercado de baixo nivel adquisitivo. Non compensa en termos empresariáis.
2014. Encapsulada en voluntarios enfermos, o Ébole chama as portas do hemisferio Norte. Ocidente envía colaboradores sen recursos para loitar contra un virus que ninguén desexa estudar. Unha enfermidade pouco rentable.
Pero agora é preciso aparentar. Compre elaborar un protocolo perfecto nun mundo imperfecto. E preciso desinfectar. Compre esquecer.
Mentres, Liberia e Guinea seguen a agardar que o Ébole sexa quen de ser estudado. Quen de ser atallado.