LOITO NAS LETRAS GALEGAS

Vencello vigués do pai de Balbino

Xosé Neira Vilas, durante unha das visitas que realizou a biblioteca municpal en Vigo que leva o seu nome.
photo_camera Xosé Neira Vilas, durante unha das visitas que realizou a biblioteca municpal en Vigo que leva o seu nome.

Neira Vilas será homenaxeado este luns na biblioteca municipal que leva o seu nome

Con 87 anos recén cumpridos, o 3 de novembro, Xosé Neira Vilas, faleceu onte na súa casa de Gres, en Vila de Cruces. Vitalista e sempre con enerxía, morreu cunha chea de proxectos enriba da mesa. A comezos de mes, afirmaba nunha entrevista neste medio que para el “o tempo que paso sen traballar é tempo perdido”. A súa morte colleu por sorpresa a súa contorna.
O autor mantiña unha estreita relación con esta cidade  e así, a biblioteca municipal, situada en Martínez Garrido, leva o seu nome. Será alí onde lle faga a homenaxe oficial este luns, ás 12.30 horas, coa lectura dunha escolma dos seus textos. O resto do día permanecerá pechada.
As expresións de condolencias e dor non se fixeron agardar nas redes sociais. Colectivos, partidos políticos, entidades culturais e cidadáns deixaron os seus comentarios nos dominios da Fundación de Xosé Neira Vilas. O alcalde Abel Caballero adicoulle unha verbas, nada máis coñecer á nova do sue pasamento: “Foi un home xenial na súa producción literaria e foi quen de establecer pautas irrepetibles no entendemento de Galicia e da lingua a través da súa creación artística; home excepcional, íntegro, comprometido e defensor de causas xustas desde a literatura e desde a súa posición persoal; Vigo lembrarao sempre”.
Casado coa escritora cubana Anisia Miranda (1932/2009), a súa relación coa illa caribeña sempre foi moi estreita. Así, a Asociación Cubana Galega “Haydee Santamaría” facía público o seu pesar: “Queremos sinalar toda a nosa dor pola morte de este escritor tan comprometido co noso pobo, que non dubidou en apoiar dende un inicio en Sierra Maestra a Revolución Cubana e logo ser parte do noso propio pobo”, asina (en castelán) a presidenta Jamari Llanes. Dende a súa derradeira editorial, Galaxia, enviaron un comunicado repasando os hitos literarios do que foi o primeiro ‘best seller’ galego. Finaliza a nota apuntando “a terra lle sexa leve a un dos máis grandes de entre Nós”. Nas derradeiras declaracións para Atlántico, Neira Vilas expresaba a comezos deste mes un desexo: “Teño gana de ver a escultura de Balbino na ‘miña’ biblioteca de Vigo”. n

Te puede interesar