‘Grândola’ soou ao norte do Miño para celebrar o 25 de abril

Música, poemas y claveles durante el acto de conmemoración de los 50 años del 25 de abril ayer en el Instituto Camoes, de Vigo.
photo_camera Música, poemas y claveles durante el acto de conmemoración de los 50 años del 25 de abril ayer en el Instituto Camoes, de Vigo.

A comunidade portuguesa e os admiradores da Revolução dos Cravos conmemoraron o seu 50 aniversario con música e poemas

O 25 de abril representa como ningún día a irmandade entre Galicia e Portugal. Onte foi o día grande no país veciño, no que se conmemorou o 50 aniversario da revolución pacífica dos caraveis (Revolução dos Cravos) e en Vigo multiplicáronse os actos para celebralo. No Camões, o centro cultural de Portugal, programaron toda a semana con actividades. Onte inauguraron a exposición “Poesía e Política”, comisariada desde a Cátedra José Saramago da Universidade de Vigo.

 

 

O profesor Bughard Baltrusch achegou a súa colección de carteis dos partidos políticos que concorreron ás primeiras eleccións: “Todos estiveron pegados na rúa, de nenos atreviámonos a roubalos, algo que estaba totalmente prohibido, queríamos facer unha colección, tiña un gran valor sentimental”. Aínda que naceu en Alemaña, Baltrusch chegou a Lisboa en 1973, un ano antes da revolución pacífica que remataría co rexime de Salazar.

Recoñece que en Galicia hai unha sensibilidade especial con este tema. “Aquí vívese dun xeito especial, de feito a primeira vez que José Afonso interpretou ‘Grândola’ foi un ano antes en Santiago de Compostela”.

A inauguración da exposición contou coa participación especial de once alumnos do EIS Antón Alonso Ríos de Tomiño e do seu profesor de portugués, Filipe Díaz. Cada un recitou un poema, dos 50 que se expuseron, un por cada ano. “É un día moi importante, xa que contribuíu a unha Europa libre e sen conflitos”, apuntou Saray, que está en quinto curso de portugués. Á súa compañeira Lucía o primeiro que lle chamou a atención foi a similitude da melodía de “Grândola”, a canción que soou na radio a xeito de sinal durante a revolución, coa banda sonora de la serie “La Casa de papel". Candela tamén participou no recital. “É algo que sempre escoitei na casa”.

Célia Méndez, a directora do Centro Camões, expresou o seu agradecemento pola implicación das institucións como as universidades ou as administracións na conmemoración da efeméride. “É como un baño de actividades, síntese moi ben sendo portugués na Galicia sobre todo o 25 de abril, é unha data que os galegos síntense moi perto; supoño que aquí tería un sentimento agridoce, o que puido ser e non foi; para nós é unha festa”.

Tamén onte comezou o ciclo de cinefórum adicado ao documental de Adriano Correia de Oliveira para a RTP, que continuará no mes de maio, os días 2 e 8. Hoxe, o profesor Daniel Ferreira falará da literatura portuguesa nunha charla do centro, ás 16:30 horas. A celebración do medio século da revolución continuará no Camões cunha programación especial durante todo o ano que se irá actualizando na súa web.

A Madriña organizó unha quedada para interpretar “Grãndola, vila morena” na Farola.
A Madriña organizó unha quedada para interpretar “Grãndola, vila morena” na Farola.

A asociación A Madriña organizou un encontro na Farola de Urzaiz para interpretar a “Grândola, vila morena” en homenaxe ao pobo portugués. A mesmo fixeron dende a asociación veciñal do Casco Vello, xa que o seu orfeón mariñeiro ofreceu un repertorio para a ocasión, diante do Camões.

O orfeón mariñeiro do Casco Vello cantou polo 25 de abril.
O orfeón mariñeiro do Casco Vello cantou polo 25 de abril.

A UVigo uniuse ás actividades cun programa propio. I Semana de Dirección e Xestión Pública tivo como eixe a Revolução dos Cravos e, máis concretamente, a súa influencia na Transición española. “Foi un estímulo importante para a oposición e para os sectores máis aperturistas do franquismo” sostivo o investigador do Observatorio da Gobernanza G3 Fernando Martínez, coordinador dunha actividade inserida na programación que a facultade desenvolve desde este luns.

Os portugueses conforman a primeira colonia europea de estranxeiros en Vigo, con 2.113 censados.  Elsa Crus y Marcos Faria forman parte desta comunidade. Vai facer catro anos que rexentan en Vigo a vinoteca Marcos e 21 anos que chegaron a Galicia. Son de Santo Tirso, unha localidade perto de Porto. “Nós coñeciamos Galicia porque viñamos de vacacións e un día propuxéronnos montar un restaurante; aquí o portugués ten moi boa acollida, ao noso local veñen polo bacallau, asado ao forno sería o prato que eu recomendaría para festexar o 25 de abril”. Onte agardaban a chegada de comensais do sur do Miño, xa que o ser “feriado, alí está todo fechado e veñen a dar unha volta e visitar El Corte Inglés, que é tradición”. Aínda que eles no farán nada especial, si recibiron os parabéns de moitos clientes.

Elsa e Marcos, no seu restaurante portugués.
Elsa e Marcos, no seu restaurante portugués.

Te puede interesar