Tanxugueiras fai historia cunhas convidadas viguesas moi especiais

Tanxugueiras no Coliseum da Coruña. // Foto: Javier Bragado
photo_camera Tanxugueiras no Coliseum da Coruña. // Foto: Javier Bragado
O grupo galego despediu a súa xira de presentación do seu álbum Diluvio enchendo o Coliseum da Coruña

Tanxugueiras pechou un ano cheo de actuacións cun potente espectáculo no Coliseum da Coruña. Co recinto cheo, fito histórico dunhas artistas en galego, despediron a xira de presentación do seu último disco Diluvio. Ademais, o trío galego formado por Aida Tarrío, e as irmás Olaia e Sabela Maneiro estivo rodeado de amigos na foliada do sábado 16 de decembro.

Durante case dúas horas repasaron os seus temas máis coñecidos, en ocasións axudadas pola súa banda (Iago Pico e Isaac Palacín), os seus bailaríns (Artur Puga e Fran Sieira) e as súas inseparables pandeiretas. O concerto contou tamén con convidados especiais, entre eles o dúo vigués Fillas de Cassandra, formada por María Pérez e Sara Faro. As cinco xuntas interpretaron un tema inédito.

Fillas de Cassandra xunto a Tanxugueiras no Coliseum da Coruña. // Foto: Rociío Cibes
Fillas de Cassandra xunto a Tanxugueiras no Coliseum da Coruña. // Foto: Rociío Cibes

Tamén colaboraron no cocnerto Rozalén, Guadi Galego, Rayden, Mondra, Muerdo e Valeria Castro, coa que estrearon unha canción inédita anunciando que estará dispoñible o próximo día 29 de decembro.  

Case 9000 persoas foron testemuñas da fazaña das tres galegas, que se convertiron nas primeiras artistas galegas en encher a sala de concertos máis grande do noroeste peninsular.

Te puede interesar