Opinión

Proceso ao tempo. E dous

A infame ‘burocracia’ burguesa adoita ‘ir sempre ao gran’, non fai circunloquios, e moito menos soliloquios. Non todas as comparacións son odiosas; non é? –e nin sequera ociosas. O parágrafo precedente non se corresponde con ningunha metodoloxía cualificativa ao uso desvergoñado daqueles que, ignorantes máis que inocentes, teñen alma de ladrón, que é un xeito estarrecedor e ruín de xustificar as idas e as vidas da babarie capitalista, que en calquera caso –ai!- adoitan defender coa frialdade criminosa do tristeiro verdugo a alta soldada blindada dos mercaderes do planeta, coas distinta variantes, peculiariedades, formas, afectos e desafectos do capitalismo asentado ou emerxente, cuxa calafrío máis notábel, hoxe en día, non é outro ca China que foi e xa non é maoísta, nin marxista, nin leninista, senón un tristeiro detrito balorento do socialismo real. Loada sexa a feliz ‘casuística’ que fai medrar nos entullos do mesquiño o fiúncho que os ‘bilingües’ de mollo e ‘sarao’ nin sequer saben que o hinojo (foeniculum vulgare…) serve para máis que cociñar o doce sabor da tarde que para aló dos outonos representan as castañas.

A memoria do tempo chega, pois, nos libros que agardan un 'pouse eí os ollos feridos de prosa maldita nas reviravoltas dos invernos acontecidos'. Para calquera noticia do día de autos, poderíamos recordar as horas libres que nós acampaban aquela noite no marmurio da Lanzada, que foi cando recíbín de Luz Pozo Garza As arpas de Iwerddon, e dentro a ‘diadema de Ribadeo’: ‘O sentido da vida está na resistencia/a non perder a seducción das formas insubmisas’. cabo de todo, o tempo sempre estará aí, máis alá do tránsito definitivo da vida que futilmente chamamos morte no delirio do eu, a imposibilidade de non ser algo ben distinto e non distante do que somos: tempus, partículas en aceleración contínua...

O demais é a enfermidade, transición, morte e ‘enterro’ de Fraga Iribarne, na tarde invernal de Perbes-Beirut, onde agora xace o terror da memoria na historia… Acaso ninguén recorda como na España franquista o ministro do sátrapa xustificou –ai meu deus de ningures!- o asasinato de Julián Grimau? Os alcaiotes calaron, envileceron. Pero aínda a causa non está vista para sentenza. Un xuíz da Audiencia Nacional española sofre proceso por querer el levar ao escano dos acusados aos que propiciaron o xenocidio fascista en España. Chove arreo por enriba dos vivos e dos mortos. Transitan leves os almanaques.

Te puede interesar