Opinión

A SEÑORA KENNEDY EN VIGO

Neste Vigo noso, si. Referímonos a dona Jacquelyn, logo, tamén, de Onassis, potsquam Kennedy. Pero de paso. Hay máis donas con ese fermoso nome tan de sona máis adiante. Falemos dunha delas.


O ano 1904 estabamos a argallar o da Alameda, aquela, bonita, que tivo cancelas fermosas -para non falar- e non para que as desfixesen os nenos como é a súa obriga (pero xogando). Mellor, ampliala.


Había que aumentala cara a banda do mar, e alí tiña uns terreos a señora Kennedy, viúva de Callejón, (mágoa que no fose Street, a quen se dirixiu o Concello para adquirir un cadrado do 'malecón'. Ela estaba en Madrid, pero postos en contacto cos seus representantes, estes manifesraron que a dona marcara uns prezos (que pareceron pro¬hibitivos ao Concello). Pedía trece pesos, trece, por metro limitado e ao contado, nada de dilacións e esperas ou aprazamentos.


E claro, non puido ser, por máis que se discutiu.


(A cousa da ampliación arranxouse coa compra dunha tira terreo de doce metros de anchor, paralela a Alameda que ía dende García Olloqui deica a casa do Sr. Freire.


Ademais en vista desto encargouse un proxecto, á maior urxencia posible, ao Director Facultativo de Obras Municipais, don Xenaro de la Fuente, para que aproveitase o máximo de amplitude (que resultaría da agregación deste anaco de terreo).


Quen máis, como concelleiro, pulou por unha alameda digna foi o Sr. Sánchez Puga: hai que dicilo.


E aqui acaba o misterio dese apelido tan de sona, máis adiante, porque dona Xaquelyin fixo outras accións de venta de terreos que posuía e Vigo.


O que si sabemos e que a dona que residiu moito tempo en Madrid e non chegamos a coñecer se tiña predios ou parentes en USA, pero dende logo que nos produciu moita gracia e satisfacción iso de ter 'veciños en tránsito' co apelido que co tempo foi un 'par das nacións mundiais'.


En fin que non sabemos ?non atopamos máis pepeis documentais se a dona tiña descendentes ou se volveu a miudo a esta terra onde quizais tivese propiedades e se co ise apelido podería dicir: 'E logo, filliño?'


Pero non pasa nada ¿non si?

Te puede interesar