Opinión

RÚAS PARA REIS

Estes díaas parece que están de moda os nosos reis e a súa parentela, non sei si porque alguns da casa real fan cousas que non lles gustan moito aos cidadadans ou quizáis porque, como soe ocorrer en moitas nacións parece ser que sobran polos seus gastos as monarquías (e os Senados). Preguntárame non sei quen da tertuilia polos reis que teñen rúa en Vigo. Copieille estae folio, lector amigo, un para cada un. Reis antigos temos con placa: Alfonso X, o sabio, que era galeguista, por certo, pois usou o galego como lingua oficial e nela e escribiu as súas belas 'Cantigas'.


Así memsmo teñen rúa dedicada Fernando, el Católico e Alfonso XII. Logo están Alfonso XIII e D. Juan Carlos actual.


Rey imortante polo mal que o fixo foi Alfnso XIII., fillio póstumo de Alfonso XII e de Mª Cristina que foii proclamado o mesmo día que naceu facendo de rexe nte a súa nai.


Coa II República marchan de España. e o seu neto, o actual de España, impúxoo o xeneral Franco, (Caudillo de España), don Juan Carlos de Borbón.


O día 15 de marzo de 1904 na ría viguesa Alfonso XIII e o Kaiser Guillerme II de Alemania, celebraron unha entrevista a bordo do 'Koening Albert'.


Ao día seguinte Guillerme devoltou a visita ao rei español subindo ao iate 'Giralda'. Vigo estivo iluminado pola noite e os barcos 'perfilábanse con bombillas eléctricas', dicía a prensa daquela.


Cóntase que o Kaiser (emperador) tuteou a Alfonso ea este tamén ao Gullerme. 'Cómo ti, sendo rei, tutéasme?', seica inquiríu o alemán. 'Mira, emperador: eu xa era rei antes de nacer', contestou Alfonso.


No 1927 voltou Alfonso XIII coa raíña Dªª Victoria Eugenia a Vigo, no acorazado 'Jaime 1'e foron acollidos nun clima de apoteose polo alcalde D. Mauro Alonso, outras autoridades e o pobo. Inaugurou o monumento (provisorio) a García Barbón. Estivo en Castrelos, no Casino e no Círculo Mercantil onde inaugurou a nova sé desta sociedade. O rei pediu perdón por vir tan poucas veces a Galicia. Celebrouse un xantar de moita categoría amenizado pola orquestra que dirixía nada menos que o mestre Brage. O día 29 o alcalde Alonso Cuenca aproveitou para dar ao rei un memorial de peticións e desexos no momento da despedida. O rei dixo: 'Dille ó pobo que estou moi satisfeito


pola súa agarimosa homenaxe'. E logo ó presidente do Mercantil: 'Felicidades de novo.


E, a engrandecer esta belísima cidade'. A dedicación desta rúa pedírona o señores


Coloret, Sobrino, Marqués e Pacorro (concellais), en febieiro de 1905.

Te puede interesar