Opinión

Novas de alcaldes da 2ª República.

Preguntáronme se podía dar datos da 2ª República en Vigo.Ou non debe fecelo? Por que non? Ai ten catro resúmenes. Votando, vostede?

1931.- (15 abr.) a 1931.- (11 sept.).- Don Enrique Blein Budiño.

Os Blein proceden de La Ciota, en Provenza, Francia. 1931.- (18 nad.).- Don Amando Garra Castellanzuelo. Naceu no 1874 en Ponteareas onde descansa despois de morrer no 1948.

Era avogado e ó principio estableceuse en Vigo cunha imprenta na rúa Policarpo Sanz. Como periodista dirixfu no 1915 o 'Boletín de la Liga para la Defensa de La Higiene'. Foi un grande republicano en Vigo, de tal xeito, que cando se proclama a República o 31 de abril de 1931, como tal falou vibrantemente dende o balcón da Casa Consistorial na praza da Constitución. No mes de decembro xa era alcalde. Vinte anos dedicóuse á política ou a vida de actuación cívica e hai que destacar a grande axuda que prestou ó Directorio Antiforal de Teis, honrándose coa amistade de Julián Estévez (el cubano), que foi alcalde de Lavadores e con Jacinto ('Chinto') Crespo.

Tamén fixo periodismo e foi un dos fundadores de 'El Tea' ponteareano, que vivíu dende 1908 ata o principio da guerra civil do 1936. E presidíu o Ateneo vigués. Cando iniciou a vida política derrotárono indo para Concelleiro e desanimouse tanto que os seus amigos da Liga de Defensores de Vigo tiveron que incítalo moi seriamente a continuar.

No 1923 rendéronlle unha homenaxe e ó redor houbo xente de moito peso e popularidade en Vigo, mesmo doutras ideas. No aspecto municipal débeselle a cesión definitiva do Monte do Castro ó Concello por parte do exército, sen dar a cambio

a finca do 'Carmen' que era o que pretendían os militares. No 1934 pola súa parcialidade a favor da revolución de^Astu-rias suspendérono na continuidade da súa función de Concelleiro (xunto con outros vinte compafieiros da Corporación, reposta en Febreiro de 1936). Naturalmente, pasou o calvario do 'Alzamento'. 1932.- (30 nadal).- Don Emilio Martínez Garrido. 1934.- (13 out,).- Don Emilio Salgado Urtiaga. 1936.- (21 feb.) a 1936.- (20 xullo).- D. Emilio Martínez Garrido.

Último alcalde democrático da 2fi República. Fora antes concelleio municipal. Ostentóu a presidencia do Partido So¬cialista Obreo Español en Vigo. Apresado polos sublevados do Glorioso Alzamento Nacional do ano 1936 foi fusilado na represión. O Concello de Vigo dedicoulle unha rúa importante. ' 1936.- (22 xullo).- Don José Giménez García, Comisario de guerra, Presidente da Comisión Gestora, a partires do 28 de septembro, chámanlle ñas actas municipais Alcalde.

Te puede interesar