Opinión

LOCALIZACIÓNS IMPORTANTES DE HAI TEMPO

Crecemos? Imos a menos? Sempre se esaxera. ¿Quen ten a culpa? A Merkel? Quen fose que nos meteu na Comunidade Europea, que co mal entender, si, dalgún político, levounos pola 'senda do mal', que di o tango.


Dende logo o que si ten a calma do medro e a crise. E pare vostede de contar. E si facemos un estudio de como eramos a principios do ano pasado, no 19169 e logo comparamos. Ao melllor danos consolo.


Nun plano da cidade do ano 1919 .-nada: século e pico-, obra do enxeñeiro Pascual, sitúanse en tinta vemella os principais centros vitais da cidade.


Vigo remataba, por arriba, na rúa Venezuela de hoxe; o barrio de Casablanca, estaba sinalado pero apenas había uns edificios (tres ou catro), na rúa 'Alcalde Vázquez Varela' e pouco máis. Pola estrada de Castela, Vigo remataba no Pino cunhas poucas casas e dende o que foi muro da estación para arriba non había edificacións. Polo Areal, si; boas casas ata Teis. E a Avenida de García Barbón estaba a tomar importancia máis ben pola banda norte .Polo demais Vigo acababa na rúa Taboada Leal e no Campo de Granada (e había moito solar baleiro). En Peniche so había casas nas orelas da estrada, e Bouzas quedaba alá soíña. Tampouco estaba feito o barrio preto da Alameda, que fora proxecto de García Olloqui, agás seis ou sete edificios.


E, repito, moito solar baleiro. Nembargantes Vigo vivía. Onde arranxaba os seus asuntos?


Había as escolas do Areal e as do Centro para os nenos. O 'Colexio da Enseñanza' tamén, enriba da rúa María Berdiales e a Escola Salesiana, na Ronda igual que agora.


O Concello estaba na Praza da Constitución, o Goberno Militar en Velázquez Moreno, esquina Príncipe, e, un pouquiño máis arriba 'telégrafos e cables'. Correos situábase na mesma rúa enfrente do Mercantil, e aínda máis arriba, mesma banda, esquina coa rúa do Progreso, a Inspección da Policía. Teléfonos viña estar no edifico Laforet que se ergue entre a rúa Isabel II,


Uruguay (antes rúa Laforet) e Colón. O Palacio de Xustiza (e Cárcere) é o MARCO, (museo) de hoxe.


E imos seguir na próxima entrega para que vexamos como se medrou..


Te puede interesar