Opinión

LOCALIZACIÓNS CIDADÁNS FINISECULARES (3)

Hoxe paréceme a min que os tertulianos van ter especial interés en saber como a cidade se desenrolou aos principios do século pasado. Por que? Pois porque hai quen desexa saber o inicio do deporte e máis que nada o fútbol en Vigo.


Ademais, sempre hai alguén desexoso de coñecer como medrou santamente. Ou sexa que o primeiro que me preguntaron foi sobre a cousa das igrexas. E eu téñoo apuntado.


-Se queredes rezar aí están (estaban) os 'Salesianos' e a 'Enseñanza'; onde hoxe. As monxiñas, (as 'Hermanitas') iniciáronse finalmente y pronto ao principio da rúa Pi y Margall, e San Francisco, igual, como Santa María, a Colexiata, e Santiago de Vigo, que a igrexa é inamovible. (Ollo; Santiago de Vigo estivera ata facía ben pouco (seguimos nos primeiros anos do século XX) pola Areosa, máis ou menos, hoxe, na rúa 'Don Rúa', na 'prolongación de Venezuela'.


-E como encetou o deporte?-, inquiriu o finústico don Víctor.


-Moi facilmente, respondo: pola saúde. Apareceron as casas de baños en 'Ourelamar' e en Cánovas del Castillo e a xente xove empezou a deleitarse no mar coidando como manda a nosa Santa Madre a Igrexa, de aplicar tódalas normas e mandatos lóxicos do pudor. De aí como a xente sinxela bañábase nas praias un grupo de prohomes 'sportmen' crearon a Sociedade Real Clube Náutico, movidos por don Gerardo Campos Ramos, inquedo home favorecedor da nosa ciudad que el vía próspera e xigante. (Acertou). A pouco tempo 1926 sendo presidente da entidade don Estanislao Durán, instaláronse nun barco chamado 'Klorofi', cedido por don Carlos Bárcena, no que se fixeron festas, bailes, reunións, e proxectos deportivos. O presidente honorario da sociedade foi Alfonso XIII.


Pero o que se dice Vigo deportivo tívoo máis adiante co fútbol. (Imos seguir pois con estas accións e outras crecía e crecía a nosa cidade, que é o que estamos a lembrar.)


Te puede interesar