Opinión

LEMBRANZA DE UN BO AMIGO

Moitos lectores e os meus amigos máis íntimos e sobre todo aqueles que tivemos unha ráfaga longa de paz social, obrigada, aínda que fose unha imposición -falo do franquismo, ao cal non vou revisar nin para ben nin para mal... Cada vida ten o seu misterio-.


A historia é así, machiño, dise as veces, non si?


E cada cal tiña no peito unha ferida que moitos non queremos revivir, para ben ou para mal... Ou sí? 0 que val é pensar que cada quen fixo daquela o que lle pareceu máis lóxico pero sen esquecer aquelo de 'primum vivere', que todos somos humáns con problemas sempre.


O importante é que a vida transcorra para todos con honradez, e que botemos fóra todo aquelo que nos chee de amarguras. Grandes e cativas, cada un que leve o seu destino como pode e puido, con timón elexido á 'forza'.


Esta filosofía barata alguén a entenderá. Eu atopei uns 'versiños adicados' a un bo amigo entre os meus papéis. Pero esquecín dárllelos nun sobre para a súa alegría e quedéi como un maleducado furafollas. Agora déixollo con máis seguridade (espero). Cos lóxicos perdóns, en paz. (Eu, claro.)


Para González Guldrís:


'Hai un home coñecido/ en Nueva York e en París/ en todo o mundo querido:/Manuel González Guldrís/, un home xovial, de Vigo,/que axunta boa vontade/ sendo de todos amigo/e ofrecendo realidade./ Porque quen chega famento,/e entra no seu restaurante/ axiña ponse contento/ e sae ledo e exultante./ Ten tal cociña agraciada/ que ata os neniños de colo/ berrán: 'Quero mariscada/ da que prepara Manolo'. (E hai algún meniño tolo/ que só pide 'lacoada'. Sábese en toda a galaxia/ sistema, mundo ou país/ que guisa no 'Rías Baixas'/ Manuel González Guldrís/ pois non existe ninguén/ en Londón, Roma ou Dakar/ que querendo comer ben/ non veña a Vigo a xantar / a este restaurante enxebre/ onde o marisco é marisco /e non hai gato por lebre;/onde non se corre o risco/ dun precio desorbitado/e onde, por decir verdade,/hai un servicio esmerado/ e un manxar de calidade./ (Por eso está acreditado./ E así, dende o mundo enteiro/ Xúpiter, Saturno, Urano /e de parte ¬do estranxeiro/ veñen sempre ano tras ano/a visitar a Manolo./ Xentes amigas sen tasa /que beben con el un grolo/ de viño e xantan na casa. / Vinde todos os que estedes/ con tristuras cabizbaixas!/ Alegres vos poñeredes/ xantando no 'Rías Baixas'!


E así rematei os versos e que oxalá porten actualidade. Que teña sido feliz Manolo e os seus amigos. E saúde para todos.


Te puede interesar