Opinión

FÁLASE AGORA

Fálase agora, hai xentes, de voltar á pena de morte ?garrote vil, guillotina, silla eléctrica, cámara de gas, 'con caída de bombona dende arriba', di algún gracioso baleiro, en retroceso muy seguido, monstruoso por aquelo de que falta a exemplaridade, compañeira inseparable de calquera castigo. (Alá cada quen de eses que aseguran: 'logo non me veñades que se cometan crímenes. O sistema non serve sen feitos lóxicos consecuencia dos asesinos. Aí están os lóxicos fundamentalistas árabes... Fixéchela? Pois págaa'... Co mesmo precio.) Qué bárbaros! ('E logo: ollo por ollo, non si?')


Pois lean: o Concello de Vigo, no ano 1926, xa andaba a solicitar a supresión da pena de morte.


O día 10 de febreiro o señor Botana, -Heraclio, o líder teórico do socialismo, director do periódico 'Solidaridad'- que era concelleiro, presentou á Comisión Permanente Municipal unha moción pedindo o indulto para o lexionario do Ferrol, Esplugas, condenado a morte, e tamén, de vagar, que se solicitase ao goberno da nación a supresión da pena de morte.


O presidente asentiu no respectivo á discusión sobre a petición dicha do indulto pero no da eliminación. Propúxose entón someter a pena de morte a votación para ver se se elevaba á superioridade. Non houbo maneira. O que si se acordou, por unanimidade foi 'pedir ao ministerio que indulten, que non sexa aplicada a pena de morte na persona do lexionarios Esplugas'.


Pero o de suprimir a pena de morte quedou parado aínda que protestaron moitos membros pero non os necesarios. Botana e Astray protestaron e pediron que constase na acta a postura do alcalde provisional, señor Montenegro.


Xa ven : non todos eran progresistas daquela, pero habíaos.


Te puede interesar