Opinión

Eu xa sei que son mozos

Eu xa sei que son moi mozos / os que len os meus escritos / entreverados con xentes / lectoras de bon estilo.

(Digo estas poucas palbras / porque me sinto orgulloso / cada vez que alguén me alaba: 'os teus ripios son fermosos.') /

E eu non sei se é que me toman / o pelo, dándome coba / para que eu estea ledo / e pague ás veces a ronda / cando na tertulia pido / para todos unhas claras / de cervexa con gaseosa / que non resultan moi caras. /

O tertuliano don Pedro / -moi listo pois nunca paga- / é, nembargantes ben se sabe / poñer a Tertulia en marcha /. E di: por qué non falamos / de algo importante?

E diríamos / que hai cousas que saben ben / e eu véxoas cuase perdidas. / Porque xa que estamos poucos / amantes do bo xantar, / parécevos que tratemos / da producción nacional ? / Aí están os pementos / de Padrón que hai que cuidalos / e se poden millorar, será un perfecto regalo. / Ten o pemento famoso / denominación de orixe / e espero que un día destes / a Comisión que a dirixe, / acorde, con gran talento / poñer con tampón a marca / un por un aos seus pementos. / E se alguén se equivocara / e lles chamase 'poementos', / mellor, porque o 'de poema' / será un apelido belo. / A decisión gustará / pois evita a confusión /destes frutos tan sabrosos / con outros que non o son. Que nos importa que en Murcia / e no Rosal e en Cambados / teñan o apetito aberto / e o fruto sexa sagrado?

É igual, seguindo a política / da autoctonía galega, / démoslle tamén orixe / denominador á egua / nacida nos altos montes / do amor do vento e da terra... /

E a tarta de Santiago, / non se inventou en Galicia? Dicir que foron os mouros, é unha moi grande mentira. / Eu sei que entre os piñeirais / anda a galiña piñeira / que aseguran moitos sabios / naceu en tempo dos celtas / e xa o mesmo Viriato / alimentaba con elas / nas pelexas cos romanos / ás súas hostes guerreiras.

E van ter autoctonía / en Ponteareas, Guláns, / os seus tan ricos productos que queren promocionar e é algo moi importante que non debemos deixar.

(E o Gorecho chega e dime / que quere pedir axiña / que o escudo de Vigo leve, os peixes da nosa Ría. / E as sardiñas máis que nada, / pois vailles quedar moi lindo / sobre o lombo azul e prata / brillante o escudo de Vigo.

Te puede interesar